Inicio Vigo e área Redondela Redondela suspende as Festa do Choco e Os Maios

Redondela suspende as Festa do Choco e Os Maios

Redondela suspende as Festa do Choco e Os Maios
Foto cedida polo Concello de Redondela

O alongamento do estado de alarma e a presumible prohibición posterior de aglomeracións de público, fan imposible a celebración destas dúas festas multitudinarias

O Equipo de Goberno de Redondela anunciou hoxe a suspensión das festas do Choco e Os Maios, dúas celebracións de referencia no municipio e que “por motivos obvios” non poden ser aprazadas.

A decisión da suspensión da Festa do Choco adoptouse logo de manter contactos co presidente da confraría de pescadores e con empresarios do sector da hostalería que tiñan confirmada a súa presenza nesta edición do 2020. En ámbolos dous casos confirmouse a imposibilidade de trasladar a data de celebración, “dado que o choco ten a súa tempada e non tería sentido facelo fora da mesma”, explica a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, que lembra que concellos “como Arbo ou As Neves, suspenderon a Festa da Lamprea e a do Requeixo e o Mel, por motivos similares, ao tratarse de festas gastronómicas con datas moi concretas”.

Algo similar acontece coa Festa dos Maios que, cada ano, congrega a miles de persoas arredor dunha tradición ancestral que Redondela soubo conservar e poñer en valor. O alongamento do estado de alerta e a súa próxima apertura “controlada” na que se prohibirán as aglomeracións de público, “fan imposible unha celebración que é multitudinaria e que, polo seu propio nome, non tería sentido trasladala, previsiblemente, máis aló de xullo”, apunta a rexedora redondelá.

En todo caso, agás estes dous casos puntuais “as actividades culturais que se teñan que desenvolver no futuro máis inmediato, non serán suspendidas, senón aprazadas”, explica o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa. De feito, engade Boullosa, “as actuacións e espectáculos previstos con motivo da Choco, non serán anuladas, senón que se lles buscará unha nova data para a súa celebración adaptándonos ás circunstancias que, para entón, marque o Goberno do estado”.

A non suspensión das actividades culturais, subliña Digna Rivas, “son un xeito de apoiar á cultura e as persoas que viven dela e ás que, como a case todo o sector empresarial, comercial e produtivo, esta crise sanitaria golpea con especial dureza”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies