spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela revive a Batalla de Rande, unha festa que este ano celebra...

Redondela revive a Batalla de Rande, unha festa que este ano celebra a súa décima edición

Redondela revive a Batalla de Rande, unha festa que este ano celebra a súa décima ediciónO singular espazo onde está situado o Museo Meiranda acolle desde onte unha ampla programación de actividades co fin de lembrar un ano máis a batalla de Rande de 1702, feito histórico relacionado coa Guerra de Sucesión e do que xurdiu a lenda dos tesouros afundidos na enseada e base dun dos capítulos da novela 20.000 leguas de viaxe submarina, de Julio Verne.

Revista Cousas De Nº19

Entre as diferentes propostas que programa a Asociación Cultural e Deportiva de Rande, organizadora do evento xunto ao Concello, o mercado tradicional, talleres de olería, escritura antiga, lacrado e cuñaxe de moedas, visitas guiadas en barco á Illa de San Simón e por suposto o máis esperado da festa, as teatralizaciones. A batalla pertencente á Guerra de Sucesión coa obra O sono vermellón-Rande 1702 e as recreacións históricas co desembarco, a descarga e o asalto á fortaleza. Concluíndo cunha representación naval da batalla con pirotecnia.

  GALERÍA FOTOGRÁFICA 

A Festa estrea este ano o distintivo Q de calidade turística outorgado polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).

PROGRAMA PARA ESTE DOMINGO

11.30 a 14:00 y de 16.00 a 20.30 h: Obradoiros tradicionais de olería, escritura antiga, lacrado e cuñaxe de moeda

12.30 h: Desfile “O Tesouro de Rande”

13.00 h: Obra de teatro lnfantil “A Casa das Virtudes”

13.45 h: Teatralización da Batalla de Rande “O Sono Vermellón. Rande 1702”

17.00 h: Visita guiada en barco pola Ensenada de San Simón. Precio: 5 euros

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.