Inicio Vigo e área Redondela Redondela redacta o proxecto do parque forestal do Monte Castro de Negros

Redondela redacta o proxecto do parque forestal do Monte Castro de Negros

O Concello de Redondela vén de rematar a redacción do Parque Forestal do Monte Castro de Negros cun importe total de 8.107 €, coa participación da Deputación de Pontevedra cunha subvención de 6.000 € do Plan Provincial de Parques Forestais.

Un proxecto redactado por XIRELA, Servizos Técnicos e Obras do Rural que se realizará en terreos da Comunidade de Montes de Negros cando se lancen novas liñas de subvención para parques forestais e proceder a fase de execución das melloras.

Introdución do Proxecto

Os montes son espazos que determinan a paisaxe e a identidade das comunidades. Independentemente da súa titularidade, desempeñan unha función social relevante, tanto coma fonte de recursos naturais e sustento de actividades económicas como por ser provedores de múltiples servizos ambientais, sociais e culturais.

Ante un mundo cada vez máis urbano, o monte desempeña un papel, cada día máis importante, de proporcionar pracer estético e recreo a poboación, constitúen un recurso turístico e recreativo polo que é preciso estudar e planificar a función social que desempeñan. Por outra banda, a raíz dos incendios acontecidos nos últimos anos na provincia de Pontevedra considérase necesario a creación dun parque forestal para o posta en valor do monte de Negros. Consciente desta necesidade a Deputación de Pontevedra aprobou unha subvención para redactar o proxecto de creación do parque forestal de Negros, ao abeiro do plan provincial de creación de parques forestais.

O obxecto do presente proxecto é que a parroquia de Negros conte cun parque forestal, sendo este un espazo de uso libre e público de lecer con valores paisaxísticos a preservar e poñer en valor, que abranguen áreas continuas e coherentes e dotado de instalacións integradas de forma respectuosa co medio ambiente de cara a satisfacer as necesidades de esparexemento, xogo, lugar de encontro e ocio dos veciños e visitantes respectando o monte sen degradalo e ao mesmo tempo preservar e potenciar, se cabe, os seus valores paisaxísticos, ambientais, naturais, edafolóxicos, culturais e forestais.

A diversificación de usos e aproveitamentos dotará ao monte dun maior valor e contribuirá a reducir a posibilidade de ocorrencia de incendios forestais e os posibles efectos do lume en caso de producirse.

Na elaboración do presente proxecto teranse en conta os seguintes principios básicos:

Diversificación: o monte é un espazo con varias funcións, onde poden darse distintos usos e aproveitamentos, creándose relacións sinérxicas entre eles.

Ordenación: a xestión do monte debe partir de unha planificación previa definíndose uns obxectivos e as medidas necesarias para acadalos.

Prevención: na xestión do monte deberán terse en conta todos aqueles fenómenos que poidan causar danos, tanto ao medio natural e físico como a aqueles usos que se realizan.

Mellora: deberán establecerse as actuacións que melloren o espazo, os seus usos e aproveitamentos, os seus valores etc.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies