spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela pon en marcha un ciclo de rutas xeoculturais polo patrimonio natural...

Redondela pon en marcha un ciclo de rutas xeoculturais polo patrimonio natural do concello

A Concellaría de Cultura pon en marcha, neste outono, un ciclo de rutas xeoculturais por Redondela, co obxectivo de gozar e pór en valor o patrimonio natural redondelán dende un punto de vista diferente.A Concellaría de Cultura pon en marcha, neste outono, un ciclo de rutas xeoculturais por Redondela, co obxectivo de gozar e pór en valor o patrimonio natural redondelán dende un punto de vista diferente.

A empresa de servizos xeoculturais encargada de desenvolver e guiar estas rutas é Olho de Sapo, coa intención de achegar á poboación redondelá aquilo que a natureza aparentemente nos oculta.

A través da xeoloxía, e cunha perspectiva educativa e lúdica, ensinarannos a ver con outros ollos o noso patrimonio natural, a mudar a perspectiva e a fuxir das aparencias, fomentando o máximo respecto polo medio natural. Non se trata só de ver as pedras, senón tamén da forma que vai adquirindo a paisaxe a través dos procesos naturais cunha temporalidade moi diferente da humana.

As rutas desenvolveranse os domingos 5 e 26 de outubro, e 9 e 23 de novembro, segundo o seguinte programa:

domingos 5 de outubro e 9 de novembro ( de 11.00 a 13.30 h)
Ruta urbana: REDONDELA EN ROCHAS. Público adulto.

O punto de partida será a nova Estación dos Eidos, e mostraranos a realidade oculta baixo o granito aparente, composta por xistos que poden contemplarse en determinados puntos. Falaranos dos materiais graníticos da zona vella para despois relacionalos coa xénese da enseada de San Simón a través dun agradable paseo.

domingo 26 de outubro (11.00 – 13.00 h)
XINCANA RIONDELA (familias. + 8 anos).

O punto de partida será a Casa do Concello e, a través de xogos especificamente deseñados, aprenderase a interpretar o relevo, a identificar elementos naturais e artificiais, a pescudar rochas e minerais agochados, e a comprender os efectos dos leitos fluviais na vida cotiá.

domingo 23 de novembro (10.30 – 14.00 h)
Ruta periurbana: PASEO INTERMAREAL

O punto de partida desta ruta é a Praia da Punta de Cesantes, e explorarase a zona costeira de Redondela e o complexo intermareal. Da súa estrutura poderase aprender a acción conxunta da tectónica, os efectos dos cambios climáticos e a constante erosión dos ríos; e tamén formular algunha hipótese de cara o futuro para conservar este rico patrimonio natural.

A actividade é de balde pero cómpre facer inscrición previa no teléfono 986 400 013.
Só se admitirán 2 reservas por persoa até completar cada un dos grupo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.