spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela organiza un novo roteiro o domingo 29 de maio para coñecer...

Redondela organiza un novo roteiro o domingo 29 de maio para coñecer o patrimonio cultural e paisaxístico da contorna de Rande

Dende o pasado mes de marzo, en colaboración con ‘A Citania’, a Concellería de Turismo desenvolve saídas guiadas para coñecer os lugares de interese do municipio.

Revista COUSAS DE Nº13

O Concello de Redondela, a través da Concellería de Turismo que xestiona María Castro, organiza para este vindeiro domingo, 29 de maio, o último dos roteiros que, dende o mes de marzo, desenvolve os últimos domingos de cada mes para dar a coñecer, á veciñanza e visitantes, a riqueza patrimonial do municipio. “Que a veciñanza coñeza o patrimonio histórico, cultural e paisaxístico de Redondela é o primeiro paso para a súa protección e conservación” asegurou hoxe a alcaldesa Digna Rivas.

Desta volta, e coa guía de Xurxo Constenla, arqueólogo de A Citania e museólogo do Meirande (Centro de Interpretación da Batalla de Rande), as e os participantes terán a oportunidade de coñecer o patrimonio que agocha o lugar de Rande.

Para participar, non é precisa preinscrición algunha, só estar no lugar da saída (o aparcadoiro do Meirande) ás 10 horas. A ruta guiada desenvolverase dende o cargadoiro Coto Wagner (ameazado con desaparece) ata o Castelo de Rande, situado baixo a ponte que cruza a ría. A duración será de dúas horas, aproximadamente, e con dificultade baixa.

Redondela organiza un novo roteiro o domingo 29 de maio para coñecer o patrimonio cultural e paisaxístico da contorna de Rande

A protección do patrimonio cultural, industrial e natural da contorna de Rande, zona incluída na Rede Natura 2000, “é un obxectivo irrenunciable para o Goberno redondelán”, afirma a alcaldesa Digna Rivas quen lembra que o Concello “utilizará todas as ferramentas ao seu alcance para evitar a degradación da zona coa instalación do depósito de contedores en desuso que pretende a APV ou a destrución dun elemento significativo da historia industrial do municipio como é o antigo cargadoiro de Cotto Wagner”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.