O Concello de Redondela tivo que suspender a festa da Coca 2020 a celebrar do 10 ao 14 de xuño, por mor da alerta sanitaria polo Covid-19.Inda así o Concello non quere deixar de celebrar esta data tan especial para os veciños e veciñas de Redondela e, malia que se suspenda a celebración tradicional, anímase á veciñanza a participar doutro xeito confeccionando, nos seus domicilios, alfombras florais.
A idea é que a xente participe dende as casas, coas debidas medidas de seguridade sanitaria, facendo alfombras (maquetas, miniaturas ou o que se poida) para subilas nas redes sociais do Concello de Redondela.
A convocatoria está aberta para todos os colectivos, centros culturais das parroquias e particulares para que a veciñanza poida participar dende os fogares, en familia ou de xeito individual.
Coa idea de manter o máis parecido posible o espírito da festa, abrimos a convocatoria ata o 9 de Xuño, para presentar todos os proxectos participantes.
O 11 de Xuño a través do facebook do Concello publicaranse os traballos enviados e se otorgarán os premios as alfombras con máis “me gusta”
- 1º Premio vale de 100 euros
- 2º Premio vale de 75 euros
- 3º Premio vale de 50 euros
Estes vales serán validados para compras en librarías locais
Enviar os traballos e datos a: cultura@redondela.gal
Nome da alfombra, fotografía (jpg), ou vídeo (mov) (opcional)
Representante, teléfono e correo electrónico.



