spot_img
InicioVigo e áreaRedondela´Redondela Ecosostible´, obradoiro de emprego onde 20 alumnos e alumnas recibirán formación...

´Redondela Ecosostible´, obradoiro de emprego onde 20 alumnos e alumnas recibirán formación en agricultura ecolóxica e albanelería-cantería

Redondela-Ecosostible-obradoiro-emprego-onde-alumnos-alumnas-recibirán-formación-agricultura-ecolóxica-albanelería-cantería

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, inicia hoxe en Redondela o novo Obradoiro de Emprego ´Redondela Ecosostible´, onde se ofrece formación e emprego a un total de 20 alumnos e alumnas en dúas especialidades: agricultura ecolóxica e albanelería-cantería.

Esta mañá, a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, acompañada polo alcaldesa en funcións, María del Carmen Amoedo, deu a benvida aos alumnos e alumnas no inicio do obradoiro, persoas desempregadas que recibirán formación e emprego durante 6 meses no Pazo Pousadouro.

Coma lembrou Bravo Bosch, esta iniciativa alterna a formación co traballo ou a práctica profesional en dúas especialidades que redundarán positivamente nos participantes. Deste xeito preténdese unha dobre vertente: que as persoas desempregadas consigan aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional para que “aprendan traballando”. Ademais, percibirán o salario mínimo interprofesional toda vez que reciben formación para que logren una reinserción laboral posterior.

Así, Xunta e Concello fan posible este programa mixto cun orzamento total de 230.000 euros sendo a subvención económica da Consellería de Traballo e Benestar dun 77,3%, é dicir, máis de 178.000 euros. A achega municipal é así de 51.000 euros. Esta iniciativa abre un importante espazo de colaboración administrativa no marco da aposta da Xunta de Galicia pola eficiencia e optimización dos recursos.

Con todo, dende hoxe mesmo, os 20 alumnos e alumnas comezarán este novo OOEE. Na especialidade de Agricultura Ecolóxica se formarán 8 alumnos que, entre outras accións, realizarán traballos de explotación agrícola de produtos de horta de base ecolóxica no Pazo Pousadouro. Mentres, noutras fincas (na antiga escola de Saxamonde, na finca Pexegueiro, nos Eidos e na Coutada) realizarán labores de froiticultura que consistirán na preparación do terreo, plantación de frutais, labores de poda e inxerto. Pola súa banda, na especialidade de Albanelería-Cantería, un total de 12 alumnos e alumnas recibirán formación para finalmente actuar na restauración da antiga escola de Cedeira, actualmente en ruínas, para a súa posterior cesión aos veciños, que a destinarán a local social da parroquia.
A delegada amosouse convencida de que o obradoiro ´Redondela Ecosostible´ terá moi bos resultados coma xa tiveron os dous anteriores (Emprega Verde I e II) levados a cabo tamén no Pazo Pousadouro e dos que se beneficiaron un total de 41 persoas desempregadas. En total, por este concepto, o Concello de Redondela recibiu uns 548.000 euros para levar a cabo estes tres programas mixtos de formación e emprego.

Cinco OOEE na área territorial de Vigo
No ámbito da Delegación Territorial de Vigo, concedéronse 5 obradoiros aos concellos de Vigo, Redondela, Moaña, Mos e a Mancomunidade do Val Miñor, cun investimento total de 935.000 euros para beneficiar a 105 persoas desempregadas.

Os obradoiros de emprego son programas mixtos de formación e emprego que contan con numerosas vantaxes. En primeiro lugar, a posibilidade de acceder a un posto de traballo. Así mesmo, ofrece unha formación teórica e práctica de calidade, orientada ás necesidades reais do mercado laboral e vinculada á obtención dun certificado de profesionalidade de validez nacional que contribúe á mellora da súa empregabilidade. Este tipo de iniciativas abre un importante espazo de colaboración cos concellos no marco da aposta da Xunta pola eficiencia e optimización de recursos, co obxectivo de orientar adecuadamente os esforzos. Ademais, os obradoiros están vinculados á realización de obras e servizos de interese para a comunidade.

Con todo, a Administración galega reforza a aposta por estes programas que ofrecen tantas vantaxes aos seus alumnos blindando a orde anual de Obradoiros que permite investir arredor de 15 millóns de euros na posta en marcha de máis de 70 obradoiros ao longo do presente ano e que terán 2.000 beneficiarios.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.