spot_img
InicioGaliciaCompostelaGaiás convértese este venres nun observatorio astronómico para gozar da choiva de...

Gaiás convértese este venres nun observatorio astronómico para gozar da choiva de estrelas

Gaiás-convértese-venres-observatorio-astronómico-gozar-choiva-estrelas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convida a contemplar a choiva de estrelas que terá lugar a noite do mércores ao xoves desde o alto do Gaiás a través das Visitas astronómicas, que celebran unha sesión de observación especial para descubrir o fenómeno das Perseidas, tamén chamadas “bágoas de San Lourenzo”.

Ata trinta meteoros por minuto se o tempo acompaña poderán ver na noite deste mércores, 12 de agosto, os participantes nesta sesión que arrancará ás 22:30 horas na dársena de autobuses da Cidade da Cultura. As prazas –un total de cen- están esgotadas desde hai días, demostrando o enorme interese que esta actividade, que combina lecer e coñecemento, esperta entre a cidadanía.

A xa tradicional Noite das Perseidas permitirá contemplar no alto do Gaiás, sempre e cando o tempo acompañe, a choiva de meteoros nun escenario excepcional. As tamén chamadas “bágoas de San Lourenzo” poderán observarse desde a Cidade da Cultura coa axuda de monitores do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, de quen ademais recibirán nocións básicas para aprender a mirar o ceo a simple vista.

Desde o Observatorio Astronómico Ramón María Aller destacan, ademais, que este ano, as condicións de observación serán óptimas, ao coincidir o pico de actividade das Perseidas cunha lúa nova que non ocultará co seu brillo a imaxe das estrelas fugaces. Non obstante, no caso de que o día se presente anubrado, a sesión trasladarse ao interior da Biblioteca e Arquivo de Galicia, onde se recreará a vía láctea.

Como en todas as sesións das Visitas Astronómicas, os participantes aprenderán a identificar as diferentes constelacións coa axuda duns planisferios, ao tempo que observarán planetas, cúmulos e estrelas dobres.

Catro novas sesións astronómicas
As Visitas astronómicas continuarán o vindeiro venres, 14 de agosto, con cen novas prazas para descubrir o firmamento dende outro punto de vista. A última das observacións do mes de agosto terá lugar o venres 21 para continuar o 4, 11 e 18 de de setembro. Para participar só é preciso reservar praza en www.cidadedacultura.gal, posto que a actividade é totalmente de balde.

- Publicidade -spot_img