Inicio Vigo e área Redondela Redondela distribuirá máis de 3.200 máscaras protectoras entre o alumnado do ensino...

Redondela distribuirá máis de 3.200 máscaras protectoras entre o alumnado do ensino obrigatorio dos centros públicos do municipio

Redondela distribuirá máis de 3.200 máscaras protectoras entre o alumnado do ensino obrigatorio dos centros públicos do municipioO Concello fará entrega aos distintos colexios dunha copia do vídeo testemuña sobre a COVID19 realizado ao abeiro da campaña ‘Faino por Todxs’ para concienciar aos máis novos sobre a importancia da prevención

O vindeiro luns, 14 de setembro, o Concello de Redondela iniciará a distribución de máis de 3.200 máscaras de protección entre o alumnado de infantil, primaria e ESO –o ensino obrigatorio– dos centros públicos do municipio.

A concelleira de Educación, Olga García Ballesteros, sinalaba que esta medida responde á “fonda preocupación” do Concello de Redondela, ante un inicio de curso rexido por un protocolo “claramente mellorable” e no que o Goberno local, aínda carecendo de competencias nesta materia, “fará todo o posible por garantir a saúde e seguridade dos nosos nenos e nenas”.

Nese sentido, a concelleira subliña “a contundencia” dun informe do secretario xeral da Deputación de Pontevedra que sinala textualmente que “a desinfección dos centros escolares por mor da COVID-19 nos centros de infantil, primaria e especial, non son competencia propia dos municipios e supón unha ampliación das mesmas que excede da pura limpeza”.

O informe tamén foi valorado pola alcaldesa Digna Rivas que asegurou que “non fai máis que dar a razón aos concellos xa que a lexislación do Estado nos centros docentes é clara ao sinalar que “as administracións educativas deberán asegurar o cumprimento das normas de desinfección, prevención e acondicionamento” e lembra a alcaldesa de Redondela que o propio informe recalca que “as administracións educativas son o Ministerio de Educación e a Consellería de Educación”.

En todo caso “por responsabilidade”, afirma a rexedora local, “o Goberno local seguirá desenvolvendo todas aquelas medidas preventivas que contribúan a garantir a seguridade dos e das escolares, “independentemente de a quen correspondan as competencias”. “Aos nosos veciños e veciñas –di a rexedora local– impórtalle a saúde dos seus fillos e fillas e non a quen corresponde garantila”.

Vídeo-testemuña de concienciación sobre a COVID-19

Ao mesmo tempo que a entrega de máscaras aos centros escolares, se lles facilitará a cada uno dos colexios unha memoria USB cunha copia do vídeo-testemuña realizado polo Goberno local dentro da campaña de prevención e concienciación contra a COVID-19 “Faino por Todxs”. A intención é que dito vídeo sexa difundido entre o alumnado de máis idade.

Esta iniciativa densenvólvese dende o convencemento de que nenos e nenas, sobre todo os de máis idade, precisan concienciarse da situación real que estamos a vivir e da importancia das medidas preventivas, non só para a súa protección, senón tamén para a das súas familias.

Nese sentido o Goberno local amosa a súa confianza en que “a nosa mocidade, que amosou unha conduta exemplar durante o confinamento, seguirá dando mostras da súa responsabilidade”.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies