Inicio Galicia 70 establecementos participan na 14ª edición do Outono Gastronómico

70 establecementos participan na 14ª edición do Outono Gastronómico

70 establecementos participan na 14ª edición do Outono GastronómicoComo novidade este ano ofrecese o “Outono plus”, co que as casas participantes ademais da restauración e o aloxamento, porán á disposición outras actividades complementarias como paseos a cabalo, rafting, sendeirismo, visitas culturais, entre outros

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, acompañado do presidente de Agatur, Juan Luis García e do representante de Fegatur, Francisco Almuiña, asistiu esta mañá á presentación da campaña “Outono Gastronómico” na súa xa XIV edición, na que participan 70 establecementos de turismo rural galegos e que terá lugar ata o 13 de decembro.

Segundo explicou Alfonso Rueda, esta campaña é unha aposta polos produtos turísticos galegos máis consolidados, deseñada para dinamizar a demanda turística despois da época estival e na que ao longo dos seus 14 anos de historia xa desfrutaron máis de 70.000 persoas que xeraron máis de catro millóns de euros coas súas estadías nos establecementos de turismo rural adheridos ao programa.

70 establecementos participan na 14ª edición do Outono Gastronómico

Alfonso Rueda destacou “que este é un ano no que se converteu o turismo rural en Galicia nun foco de atracción debemos seguir potenciando Galicia como destino seguro, e toda a xente que nos queira vir a visitar saiba que temos moitos espazos, moitos establecementos que se poden visitar con total garantías sanitarias”

A campaña á que se suman ano tras ano máis establecementos é unha boa proba de que a colaboración público/privada no ámbito do sector turístico xera riqueza para o territorio e contribúe a dinamizar a nosa gastronomía e á promoción de produtos como os viños e os licores tradicionais da nosa comunidade.

A campaña permite desfrutar dun menú así como contar co aloxamento aproveitando a gastronomía que presenta cada establecemento. Así, o programa contempla dende a posibilidade de cear nun dos establecementos adheridos ao programa a un fin de semana outono gastronómico. Como novidade este ano ofrecese o “Outono plus”, co que as casas participantes ademais da restauración e o aloxamento, porán á disposición dos seus clientes distintas outras actividades complementarias como paseos a cabalo, rafting, sendeirismo, visitas culturais, entre outros.

Descarga aquí o folleto con toda a información e os establecementos que participan

Por outra parte, Alfonso Rueda indicou que de desde o primeiro momento da crise, a Xunta de Galicia traballou arreo para estar ao lado do sector turístico galego, ben ofrecendo formación, desenvolvendo protocolos de seguridade nos distintos subsectores, poñendo en marcha medidas de promoción como a campaña de publicidade Galicia volve -aínda en marcha- e mesmo creando programas de incentivo para a contratación dos servizos turísticos de Galicia pola cidadanía xeral ou colectivos específicos.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies