spot_img
InicioPontevedra e ÁreaRedondela convoca o IV Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético

Redondela convoca o IV Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético

redondela-convoca-o-iv-premio-sese-mateo-de-xornalismo-etico
Gala Premio Sesé Mateo 2023

Este certame ten como obxectivo recoñecer e destacar publicacións xornalísticas que aborden de maneira ética e respectuosa os temas relacionados coa violencia de xénero, protexendo a intimidade das vítimas e das súas familias.

Revista Cousas De Nº22

O Concello de Redondela consolida o seu compromiso co xornalismo ético na loita contra a violencia machista coa convocatoria do IV Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético. Este certame ten como obxectivo recoñecer e destacar o traballo dos e das profesionais do xornalismo que aborden de maneira ética e respectuosa os temas relacionados coa violencia de xénero, protexendo a intimidade das vítimas e das súas familias. A alcaldesa Digna Rivas, reafirma así u o compromiso do goberno local “na loita pola erradicación da lacra que supón a violencia machista en todas as súas manifestacións”. Rivas destacou que este premio “non só recoñecen o esforzo e o compromiso dos e das profesionais do xornalismo que contribúen a combater a violencia de xénero, senón que tamén serven como un permanente recordatorio ás vítimas”. “Redondela sempre estivo comprometida coa igualdade e a loita contra a violencia machista e continúa liderando esta importante fronte”, sinala a alcaldesa.

Sesé Mateo (Chapela, Redondela 1965-2017) foi unha muller feminista e militante na defensa das liberdades básicas para os seres humanos, de calquera raza e condición. Foi asasinada en 2017 pola súa ex parella, nun crime que deixou, ademais, sen fogar á súa familia durante meses. A figura de Sesé Mateo inspira esta convocatoria por ser o seu caso un dos máis mediáticos de Galicia. A concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, sinala que “queda moito por mellorar aínda no ámbito do xornalismo con respecto ao tratamento da violencia en xeral e da violencia contra as mulleres e as súas crianzas en particular”.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

O premio, dotado con 1.500 euros en efectivo, está aberto a traballos de calquera xénero xornalístico (noticias, artigos de opinión, reportaxes, etc.) sen límite de extensión e que fosen publicados, en medios en papel ou dixitais, ou emitidos en medios de comunicación radiofónicos ou audiovisuais, entre o 1 de setembro de 2023 e o 31 de agosto de 2024. O prazo para a presentación dos traballos comeza mañá, día 24 de agosto, e finalizará o 30 de setembro de 2024. Poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Redondela ou nos lugares que sinala o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre os cales se atopa a Sede Electrónica do Concello de Redondela.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.