spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela celebra o Día Internacional da Diversidade Funcional

Redondela celebra o Día Internacional da Diversidade Funcional

redondela-celebra-o-dia-internacional-da-diversidade-funcionalCo gallo do Día Internacional da Diversidade Funcional, que se conmemora o próximo 3 de decembro, Redondela acolleu este mediodía un acto organizado pola Asociación Andaina coa colaboración do Concello de Redondela.

Revista Cousas De Nº19

O presidente do colectivo, Antonio García, lembrou que é necesaria “unha educación máis inclusiva, con persoal que teña unha formación axeitada”, e demandou unha aposta polo emprego para as persoas coa diversidade funcional, con ofertas adaptadas “para unha sociedade unida, sen discriminación”.

No acto participaron usuarios de Andaina, que queren “derrubar barreiras” e tamén escolares dos centros IES Illa de San Simón e o CEP Santa Mariña, que reclamaron unha sociedade “máis xusta e solidaria” e comprometéronse a traballar para “desterrar a discriminación”. A alcaldesa Digna Rivas foi a encargada de pechar o acto cunha intervención na que agradeceu o traballo que fai Andaina “todos os días do ano” e reafirmou o compromiso do Concello “para facer de Redondela un lugar inclusivo, nunha sociedade xusta, que respecte as diferencias e as capacidades de todos e todas”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.