spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela abre as súas zonas de baño con paneis indicadores das medidas...

Redondela abre as súas zonas de baño con paneis indicadores das medidas de seguridade a adoptar

Redondela abre as súas zonas de baño con paneis indicadores das medidas de seguridade a adoptarA alcaldesa Digna Rivas e o concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, insisten na importancia “da responsabilidade persoal” para evitar un retroceso na desescalada

O Concello de Redondela rematou, esta pasada semana, as labores de limpeza e adecuación dos areais do municipio para que, dende onte luns 25 de maio e coa entrada na Fase 2 do ‘Plan para a Transición cara a unha Nova Normalidade’, estean en óptimas condicións para o seu uso por parte da veciñanza.

Para un uso máis seguro das praias, a Concellería de Medio Ambiente que dirixe Roberto Villar, procedeu a instalación de carteis indicadores nos que se lembran as normas de obrigado cumprimento para usuarios e usuarias a maiores de insistir “no uso responsable da praia, tanto dende o punto de vista sanitario coma medioambiental”.

Os paneis lembran a obriga de que a os obxectos persoais como toallas, tumbonas e elementos similares, “sitúense de tal xeito que se garanta o perímetro de seguridade respecto ao outros usuarios ou usuarias”, agás que sexan persoas convivientes, caso no que o número de persoas estará limitado polas directrices que marca o BOE e que, para esta Fase 2, son dun máximo de 15 persoas.

Sinalización dos accesos e paseos marítimos

Doutra banda e para un uso “controlado e seguro” dos areais, o Concello de Redondela procedeu nesta pasada semana a sinalización, tanto horizontal como vertical, das zonas de paseo e paso establecendo a recomendación das “direccións nun único sentido”, unha medida que evita o cruce de persoas, sobre todo en lugares estreitos, e minimiza o risco de contaxio.

En todo caso, tanto a alcaldesa Digna Rivas, coma o concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, insisten na “responsabilidade persoal da veciñanza” como a mellor ferramenta á hora de loitar contra o contaxio da COVID-19 e “seguir avanzando neste proceso cara a normalidade”.

As medidas adoptadas polo Concello para poder utilizar os espazos públicos de forma segura, explican Rivas e Villar, “deben ter a súa correspondencia na colaboración veciñal á hora de respectar as indicacións dadas e seguir as recomendacións que, en cada momento, dean as autoridades sanitarias”.

“Sería unha irresponsabilidade –subliñan a alcaldesa e o Concelleiro de Medio Ambiente– pensar que a pandemia xa pasou. Segue aí e seremos todos e todas os que, coa nosa actitude, marcaremos o camiño a seguir”. “Un retroceso por non seguir as normas tería, nestes momentos, unhas consecuencias económicas e sociais incalculables”, conclúen Rivas e Villar.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.