spot_img
InicioBaixo MiñoRecollen cinco sacos grandes de lixo a través dunha ruta en kaiak...

Recollen cinco sacos grandes de lixo a través dunha ruta en kaiak polo Miño

Recollen cinco sacos grandes de lixo a través dunha ruta en kaiak polo MiñoUnha ducia de persoas voluntarias participaron na actividade de Recollida de lixo en kaiak, organizada polo Concello de Tomiño a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).

Entre os obxectos atopados, figuran rodas de vehículos, botellas de plástico e cristal, bolsas, macetas, tenis, envases de comida, etc.

O percorrido iniciouse e rematou nunha zona próxima ao embarcadoiro de Goián, pasando por debaixo da ponte internacional até á altura do Lenta (Cerveira), aproximadamente.

Os voluntarios e voluntarias recolleron cinco sacos de grandes dimensións con todo tipo de lixo; sobre todo, botellas de plástico e cristal, macetas e bolsas plásticas, tenis, chancletas, envases de comida, etc., sen contar un bo número de pneumáticos de vehículos de diferentes tamaños, coma xa ocorrera en anos anteriores.

Desde a OMIX queren dar as grazas a todas as persoas que participaron nesta actividade de valor ambiental e respecto ao medio; un dos temas nos que o Concello está a traballar de forma transversal.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.