Inicio Pontevedra Quinta praza para o CPA Gondomar e o CARPA-Viqueira no Campionato de...

Quinta praza para o CPA Gondomar e o CARPA-Viqueira no Campionato de España de Patinaxe Artística de Grupos Show

quinta-praza-para-o-cpa-gondomar-e-o-carpa-viqueira-no-campionato-de-espana-de-patinaxe-artistica-de-grupos-show

Balance sumamente satisfactorio para os clubs galegos no Campionato de España de Grupos Show que se celebrou este venres e sábado no CEM Isaac Gálvez de Vilanova i a Geltrú (Barcelona), saldado coa quinta posición da primeira xornada para o CPA Gondomar en Grupos Pequenos mentres que, ao día seguinte, o Club CARPA-Viqueira finalizaba en idéntico lugar en Grupos Grandes.

Por outra banda o CD Ourela, na súa primeira presenza, terminaba sétimo na categoría de Pequenos, participando tamén en Grandes outras cinco formacións galegas co CPA Ribex como oitavo clasificado, ademais de Club Patín Porriño (11º), CPA Valladares (12º), CD Fontiñas (18º) e Club Ánfora (19º).

COMO FOI A COMPETICIÓN

A competición desenvolveuse durante ambas as xornadas pola tarde, xa que a mañá quedou destinada exclusivamente aos adestramentos.

Os primeiros en entrar a pista foron os Grupos Pequenos, o venres, onde Galicia estaba representada por dúas formacións, os vixentes campións galegos do CPA Gondomar, así como o CD Ourela, que sorprendía no certame autonómico coa súa segunda praza.

comillasNumerosa representación galega no Campionato de España de Grupos Show

Máis numerosa fué a participación galega en Grupos Grandes, que actuaron durante a tarde do sábado, cun total de 6 representantes dos 20 que formalizaron a súa inscrición.

O Club CARPA-Viqueira, que lograba o título autonómico, foron os penúltimos en saltar á pista do Complexo Deportivo Municipal Isaac Gálvez. Ademais dos vigueses, tamén estiveron CPA Ribex, Club Ánfora, CPA Valladares, Club Patín Porriño e CD Fontiñas.

 

 

 

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
307SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies