spot_img
InicioVal MiñorNigránQueres pedirlle un desexo a unha estrela fugaz?

Queres pedirlle un desexo a unha estrela fugaz?

O Concello de Nigrán organiza unha nova odservación das perseidas en Chandebrito no mesmo día de San lorenzo.O Concello de Nigrán organiza unha nova odservación das perseidas en Chandebrito no mesmo día de San lorenzo.

O Concello de Nigrán organiza por segundo ano consecutivo a través da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura (creadora e xestora do Observatorio Astronómico de Forcarei) unha noite de observación das perseidas, popularmente coñecidas como bágoas de San Lourenzo pola coincidencia con esta festividade. Esta terá lugar o propio día, 10 de agosto, ás 22.30 horas no castro de Chandebrito.

A Fundación Ceo, Ciencia e Cultura (vinculada ao Observatorio Astronómico de Forcarei) será a encargada de guiar aos asistentes

Os interesados poden acudir directamente alí a esa hora ou, se descoñecen o lugar, presentarse en coche ás 22.00 horas no Concello de Nigrán, dende onde se organizará unha saída para que ninguén se perda. A observación estará guiada por Ricardo Lago, mestre e astrónomo vocacional ademais de colaborador do Observatorio Astronómico de Forcarei.

A actividade é gratuíta e para tódolos públicos e recoméndase acudir con roupa de abrigo, toallas ou mantas para tirarse no chan, comida ou bebida se desexan cear vendo ás estrelas e prismáticos no caso de que dispoñan deles. Entre perseida e perseida, ademais, o experto mostrará as diferentes constelacións e haberá unha sorpresa para facer aínda máis máxica esta noite. O Concello de Nigrán mantén esta actividade e desexa que sea unha referencia tódolos meses de agosto, xa que ademáis de disfrutar do espectáculo anima a xente a coñecer as parroquias do interior.

Este ano as bágoas de San Lourenzo terán cinco veces máis intensidade que noutras ocasións

Dende a Fundación Ceo, Ciencia e Cultura sinalan que a explanada do castro de Chandebrito é un lugar privilexiado porque é un espazo grande con amplitude de bóveda celeste e ten unha contaminación lumínica moi baixa (non chega prácticamente a luz de Vigo, Baiona ou Nigrán). Por outra banda, os astrónomos consideran este ano especialmente favorable para a súa observación, cinco veces máis intensa que anos anteriores.

A maiores, o venres día 12 o Instituto de Estudos Miñoranos, en colaboración co Concello de Nigrán, repite a actividade na parroquia de Chandebrito pero vinculada tamén a un roteiro cultural pola zona.

As perseidas toman o nome da constelación de Perseo porque debido a un efecto óptico da a sensación de que todas veñan desde ese mesmo punto. Non son estrelas fugaces, se non meteoros moi brillantes que viaxan a 59 km/segundo, deixando ás veces unha estela ao seu paso. O seu causante é o cometa 109 P/swift-Tuttlem, que se fragmenta cada vez que a terra cruza a súa órbita.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.