O Concello de Soutomaior pon en marcha unha campaña (tamén dirixida aos nenos e nenas) sobre a compostaxe por medio de carteis, dípticos, charlas, etc para sinalar que a xestión dos residuos é un gran problema para a maior parte dos municipios, que teñen que facer fronte a elevados custos de recollida e tratamento.
A compostaxe preséntase, neste sentido, como unha alternativa necesaria xa que é máis económica e máis ecolóxica que os tratamentos actuais.
O fundamental para este sistema de tratamento é a implicación dos veciños, que teñen que separar adecuadamente os seus residuos.
Nunha primeira fase, implantar a compostaxe comunitaria para darlles servizo a grupos pequenos de cidadáns e a compostaxe individual para aquelas persoas que vivan en zonas dispersas.
Para iso poñeranse en marcha instalacións de compostaxe colectiva situadas en puntos estratéxicos do Concello e tamén composteiros individuais.
O martes día 15 de decembro ás 20,00 horas no Multiusos de Arcade terá lugar unha charla sobre a compostaxe comunitaria ( impartida por un técnico ) onde se responderán preguntas como que é o compost , porque facer compost , obxectivos da compostaxe




