spot_img
InicioPontevedra e ÁreaO proxecto 'Alivetor', de Gradiant, premiado no Concurso Europeo de Navegación por...

O proxecto ‘Alivetor’, de Gradiant, premiado no Concurso Europeo de Navegación por Satélite

proxecto-alivetor-gradiant-premiado-no-concurso-europeo-navegacion-sateliteO seu nome é Alivetor e entre as súas utilidades está a de detectar vítimas de catástrofes que permanezan baixo terra, ou atrapados nos cascallos dun edificio. Emprega para iso un equipo de sensores montados sobre un vehículo aéreo non tripulado e comunicado por satélite. Desenvolvido por Gradiant, Alivetor foi un dos proxectos premiados este ano no Concurso Europeo de Navegación por Satélite (ESNC 2017, polas súas siglas en inglés).

Os premios do ESNC 2017 entregáronse durante a noite deste martes no acto prinicipal da Semana Europea do Espazo, organizada pola Comisión Europea entre os días 4 e 9 deste mes na capital de Estonia, Tallin. O Proxecto Alivetor chegara á final tras proclamarse vencedor da competición en Galicia, organizada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, e en Tallin obtivo un dos 3 premios especiais de servizos incubación que outorga E-GNSS Accelerator, o programa europeo de aceleración de start-ups que realizan desenvolvementos tecnolóxicos a partir do sistema Galileo, o sistema europeo de navegación por satélite.

Os líderes do equipo de Gradiant que estivo á fronte de Alivetor foron os encargados de defender o proxecto na fase final do ESNC 2017. Da explicación das características e funcionalidades de Alivetor encargáronse o director do Departamento de Comunicacións Avanzadas de Gradiant, Jorge Munir O Malek Vázquez, e o enxeñeiro Pablo González Fernández.

Funcionamento en catástrofes

Alivetor permite buscar vítimas en vastas áreas de territorio en pouco tempo en escenarios de catástrofe. Os seus sensores funcionan con ondas electromagnéticas e poden detectar a presenza de persoas atrapadas ata a medio metro de profundidade e a través de materiais como pedra, madeira, terra ou tea. A través da súa conexión satelital GNSS, Alivetor transmite a localización exacta dos datos que obtén.

Tal e como destacou o xurado do Concurso Europeo de Navegación por Satélite, permite reducir en gran medida os tempos de procura de persoas con vida despois dunha catástrofe, algo fundamental para minimizar o número final de vítimas.

Zona Franca

A Zona Franca de Vigo é a organizadora do Concurso Europeo de Navegación por Satélite en Galicia. Por iso é polo que a delegada do Estado no Consorcio, Teresa Pedrosa, estivese tamén presente na entrega de premios e nalgunhas das actividades da Semana Europea do Espazo. “Con accións como esta impulsamos a nosa incubadora de empresas e o sector aeroespacial”, explica Pedrosa. “A promoción da industria aeroespacial en Galicia é unha das principais liñas de traballo da Zona Franca e é unha aposta tamén para outras administracións como a Xunta de Galicia. Poder contar co coñecemento de Gradiant e os seus equipos de traballo no noso incipiente sector aeroespacial é unha importante fortaleza“.

Grazas ao bono de 62.000 euros outorgado como parte do premio europeo por E-GNSS, Alivetor poderá participar nun programa de aceleración que o Consorcio da Zona Franca deseñará a medida do seu proxecto, ademais de aloxarse nalgún dos viveiros da Rede Consorcio.

Na organización fase galega do Concurso Europeo, desde a que Alivetor accedeu á final europea dos premios, tamén participaron aliados como a Universidade de Vigo, baixo a batuta do profesor Francisco Díaz, o CINAE, o Campus do Mar e AtlanTIC. Na capital estoniana, Tallin, tamén apoiaron aos representantes de Gradiant a directora de Promoción Económica da Zona Franca, Rosa Eguizábal, e a Comisionada de Vigo Tecnolóxico da Universidade de Vigo, Edita de Lorenzo Rodríguez.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.