Inicio Baixo Miño Protección Civil de Tomiño, 25 anos de traballo desinteresado

Protección Civil de Tomiño, 25 anos de traballo desinteresado

Protección Civil de Tomiño, 25 anos de traballo desinteresadoO sábado pasado o Concello de Tomiño celebrou unha homenaxe á Agrupación Local de Protección Civil polos seus 25 anos de traballo a prol da cidadanía. na que o presidente da agrupación, recolleu a distinción da man da alcaldesa Sandra González

O acto, ao que asistiron representantes da Garda Civil e Policía Local; membros da corporación municipal e público en xeral, tivo lugar o sábado pasado ao mediodía no Salón de Plenos do Concello.

A alcaldesa, Sandra González, acompañada polo concelleiro de Seguridade, Ismael Troncoso e outros membros da corporación, agradeceu o traballo desinteresado dos voluntarios e voluntarias que, só en 2019, atenderon máis de 300 incidencias. O presidente da agrupación de Protección Civil, Iván Fernández, recibiu a distinción en nome dos seus compañeiros e compañeiras.

O colectivo creouse no ano 1992 e foron varios os seus presidentes. A Agrupación está formada na actualidade por unha vintena de homes e mulleres que realizan anualmente entre 300 e 500 servizos, aproximadamente, colaborando en accidentes de tráfico, accidentes urbanos, incendios forestais, procura de persoas desaparecidas, etc.

Protección Civil de Tomiño, 25 anos de traballo desinteresado

As instalacións da agrupación constan dunha oficina e unha sala de descanso. Contan con varios vehículos e demais material que lles permite desenvolver o seu traballo (1 camión, 1 furgón, 1 todo terreo, dous remolques, 2 embarcacións, desfibrilador, etc.). Os membros da agrupación asisten a cursos de forma permanente (accidentes na estrada, primeiros auxilios, incendios urbanos e forestais, aterraxe de aeronaves de emerxencia, de localización de persoas desaparecidas en zonas illadas, etc.).

Tamén a Asociación Nacional de Agrupaciones de Voluntarios de Protección Civil (A.N.A.V) galardoou hai poucos meses á agrupación, coa “Placa ao mérito na súa categoría de Ouro” pola súa labor durante 25 anos.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies