spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPromover o consumo de pescado e a cultura pesqueira, obxetivo do Festival...

Promover o consumo de pescado e a cultura pesqueira, obxetivo do Festival SeFest de Vigo

promover-consumo-pescado-e-cultura-pesqueira-obxetivo-do-festival-sefest-vigoA Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinou esta mañá o convenio co alcalde do Concello de Vigo, Abel Caballero e coa presenza do presidente da Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI), Javier Touza, por valor de 50.000 € para a celebración da primeira edición do Festival SeaFest, que se desenvolverá esta fin de semana, 7,8 e 9 de xullo, nos xardíns de Elduayen e o paseo do Náutico da cidade olívica, e que ten por obxectivo promover o consumo de pescado e a cultura pesqueira entre a cidadanía, dando prioridade aquelas capturas que fai a frota pesqueira viguesa a través dunha proposta cultural na que se mestura a cultura pesqueira, a gastronomía e actividades deportivas e musicais para completar unha oferta lúdica para toda a cidadanía.

Carmela Silva explicou que “con este festival que xa nace sendo unha referencia” preténdese “mostrar ao mundo e aos consumidores a potencialidade de Vigo” como o principal porto pesqueiro de Europa e de maior concentración da industria transformadora de peixe. Ademais, a Presidenta referiuse a Cooperativa de Armadores de Vigo, impulsora do festival, como “unha parte ineludible da economía desta cidade”, que ademais de traballar para “sumar sinerxías para xerar maior e mellor volume de negocio e actividade económica” tamén ten “unha visión global dos intereses de Vigo”.

Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que este é un proxecto complexo e transversal que precisa “moito traballo, esforzo e dedicación” pero que vai ser “un gran éxito porque a Vigo faltáballe esta gran festa entorno ao peixe”.

O presidente da Cooperativa de Armadores, Javier Touza, indicou pola súa parte que “levan máis de ano e medio” traballando nesta primeira edición do festival que pretende reivindicar a Vigo como “a despensa azul de Europa” e admitiu que para a organización foi un gran aliciente contar co “apoio incondicional” do goberno local e da Deputación de Pontevedra.

O festival ocupará máis de 23.000 metros cadrados entre os xardíns de Elduayen e o paseo do Náutico onde se situarán vinte e cinco postos que ofrecerán receitas elaboradas a base das especies que captura a frota viguesa na denominada cocina de autor e outros ofrecerán receitas moito máis típicas. Doce destes postos estarán atendidos polos cociñeiros e cociñeiras de restaurantes vigueses (Barrabasada, La Bastarda, La Central Gastro, Hierba Luisa, Hiroky Sushi Bar, Kero Cocina Peruana, La Pintxoteca del Mar, Lume de Carozo, María Manuela, Mijo Mini Bar, Niño Corvo e La Ventana Indiscreta).

O SeaFest contará tamén cun programa de obradoiros infantís, co que se pretende achegar aos máis pequenos o mundo do mar dunha forma lúdica, así como as calidades saudables do consumo de peixe. Entre as actividades previstas  figuran os obradoiros de “Mini Chefs de mar”, “Biólogos Mariños”, “Protexamos o mar” e “A xente e o mar”.

No aspecto deportivo o festival celebrará o primeiro trofeo “Vigo SeaFest en Balonmán Praia”, Voley Praia e Futvoley Praia; o III Torneo Marítimo de Waterpolo – Trofeo Vigo SeaFest e Exhibicións de Voos de Mar (Flyboard). Ademais, acollerá o Torneo da liga do Campionato de Galicia de Kaiak Polo e o Campionato Galego de slálom de motos acuáticas. Outra das actividades máis interesantes deste evento é o programa de Bautizos de Mar (Iniciación á Navegación de Vela e Remo-Kaiak) no que participarán máis de 400 persoas.

Da programación musical, encargase a cervexeira Estrella Galicia que dispuxo dous escenarios distintos nos que actuarán máis dunha ducia de grupos musicais ao longo dos tres días de celebración do festival con grupos como Miss Caffeína, Freedonia ou The Soul Jackets.

A Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) é unha organización que reúne ás asociacións nacionais españolas das principais flotas de arrastre, palangre e cerco. Na actualidade ten 160 socios e socias, cun total de 204 buques, entre os que se atopan os máis grandes arrastreiros e palangreiros conxeladores da flota europea. As flotas integradas en ARVI operan en todos os mares do mundo con buques altamente desenvoltos tecnolóxicamente e con capacidade para procesar e conxelar o pescado a bordo.

 

 

- Publicidade -spot_img