Inicio Baixo Miño O Programa “Cos Pés na Terra” da Escola Eu Rural comeza en...

O Programa “Cos Pés na Terra” da Escola Eu Rural comeza en Tomiño o seu itinerario informativo e demostrativo

programa-cos-pes-na-terra-da-escola-eu-rural-comeza-tomino-seu-itinerario-informativo-e-demostrativoA Asociación de Desenvolvemento Eu Rural inicia o seu Programa “Cos Pés na Terra” no que se levarán a cabo diferentes accións de carácter instrutivo relacionadas co sector agrícola e forestal.

Tras o acto de presentación do pasado 8 de agosto no Concello de Tomiño, o programa formativo “Cos pés na terra” inaugúrase esta última semana do mes de agosto coa primeira actividade do seu calendario, “Enxertos en plantas de verán”, para a que as prazas de inscrición se esgotaron rápidamente. Este primeiro curso desenvólvese entre o Salón de Plenos do Concello de Tomiño e Viveiros Nilo, onde ten lugar a parte práctica.

Ao longo do que resta de ano e do primeiro trimestre do 2018, a ADR irá desenvolvendo o seu itinerario formativo con actividades e accións relacionadas co ámbito agrícola, forestal e agroalimentario. Entre as materias tratadas destacan por exemplo a preparación de solos e podas para especies froiteiras atlánticas, o control de pragas en cultivos, o uso eficiente da auga ou os enxertos en plantas de inverno. Buscando a promoción da actividade económica agrícola, estudaranse tamén ferramentas útiles para o emprendemento e nocións básicas de networking sobre vendas.

A maiores de todas estas accións teórico-prácticas, a programación complétase cunha visita a Asturias, onde as persoas participantes poderán coñecer de primeira man a xestión das especies froiteiras na Comunidade veciña.

Coa creación da “Escola Eu Rural”, a entidade asociativa busca xerar unha ferramenta que permita dirixir e orientar accións e actividades de índole formativa para o desenvolvemento e a impulso do medio rural, onde se encadra o percorrido formativo “Cos pés na terra”.

Todas as accións terán lugar gracias á promoción da ADR MAIV – Baixo Miño e á financiación ao 75% polo FEADER dentro do Marco do PDR de Galicia 2014 – 2020, e contan coa colaboración do Concello de Tomiño e a entidade ACUBAM. “Cos pés na terra” é un Programa que persigue fomentar o desenvolvemento do medio rural por medio da información e da sensibilización en materia agrícola, e está dirixido a tódalas persoas interesadas do territorio que poden facer as súas pre-inscricións a través da páxina web da ADR Eu Rural, www.eurural.org.

 

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies