spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaPrimeira etapa do Camiño de Santiago da Costa para máis dun centenar...

Primeira etapa do Camiño de Santiago da Costa para máis dun centenar de veciños de Caminha e A Guarda

camino santiago

Esta actividade organizada entre ambos concellos está enmarcada dentro das iniciativas organizadas para promocionar a Candidatura do Esteiro do Miño coma Paisaxe Cultural da UNESCO

Este sábado, 5 de marzo, máis dun centenar de veciños e veciñas da Guarda e da vila portuguesa de Caminha percorreron a primeira das etapas do Camiño de Santiago pola Costa. Traxecto que separa Àncora, en Caminha, de Mougás, en Oia, un total de 28 quilómetros.

Os participantes guardeses comezaron a súa andanza collendo un autobús ás 08,30 horas da mañá na explanada da Sangriña que os levou ata a Igrexa Parroquial de Áncora, onde esperaban os camiñantes portugueses.

Dende este punto camiñaron ata o ferry que une Caminha con A Guarda. Despois das 13 horas xa estaban en Galicia.

Os participantes seguiron o seu camiño ata o albergue guardés, lugar onde o Concello tiña preparado un recibimento coa actuación duns gaiteiros para amenizar o almorzo.

Tras esta parada continuaron o seu camiño ata chegar a Mougás. Os claros e as chuvias acompañaron a estes peregrinos durante todo o seu traxecto.

Esta primeira etapa e tamén primeira iniciativa dentro das actividades enmarcadas para promocionar a Candidatura do Esteiro do Miño coma Paisaxe Cultural da UNESCO por parte do Concello da Guarda e da Càmara Municipal de Caminha, contou cunha ampla participación.

Próximas etapas

Aínda hai prazas libres. Aquelas persoas que queiran máis información para participar nesta actividade poden dirixirse a Oficina de Turismo do Concello da Guarda, escribir á dirección turismo@aguarda.es ou chamar ao teléfono 986 61 45 46.

2ª etapa
12 de marzo: Mougás – Vigo 28 km
Saída ás 9 da Sangriña, onde esperaremos a que cheguen os participantes de Caminha. Desde Mougás comezamos a camiñar cara Baiona, Nigrán polo núcleos da Ramallosa, Panxón e rematamos esta etapa na igrexa románica de Coruxo de Vigo.

3ª etapa
02 de abril: Vigo – Redondela: 23 km
Saída da Sangriña ás 8.30h. Iremos cara Goián onde nos xuntamos cos participantes procedentes de Caminha. Iremos en bus ata Castrelos onde comezaremos a camiñar logo de visitar a fermosa igrexa románica. Seguimos pola senda do Lagares, cruzamos Vigo por Sárdoma, Senda da Auga, Chapela e a etapa conclúe no centro de Redondela localidade na que conflúe o Camiño Portugués da Costa e o do interior que parte de Tui.

4ª etapa
16 de abril: Redondela – Pontevedra 21 km
Saída da Sangriña ás 8.30h. Iremos cara Goián onde nos xuntamos cos participantes procedentes de Caminha. Abandonamos pouco a pouco a ría de Vigo polo concello de Soutomaior. Cruzamos ó río Verdugo pola Ponte de Sampaio e dirixímonos por varias poboacións do concello de Vilaboa e por Tomeza entramos na cidade de Pontevedra onde nos agarda o santuario da Virxe da Peregrina.

5ª etapa
23 de abril: Pontevedra – Caldas de Reis: 22 km
Saída da Sangriña ás 8.30h. Iremos cara Goián onde nos xuntamos cos participantes procedentes de Caminha. Cruzamos Pontevedra pola ponte do Burgo cara pequenos pobos de Barro e As Portas ata cruzar o Umia xa en Caldas de Reis onde finaliza esta etapa.

6ª etapa
07 de maio: Caldas de Reis – Padrón: 18 km
Saída da Sangriña ás 8.30h. Iremos cara Goián onde nos xuntamos cos participantes procedentes de Caminha.
Iremos cara o Concello de Valga para despedir a provincia de Pontevedra cruzando o río Ulla por Pontecesures e entrando por Padrón xa na provincia da Coruña.

7ª etapa
14 de maio: Padrón – Santiago de Compostela: 25 km
Saída da Sangriña ás 8.30h. Iremos cara Goián onde nos xuntamos cos participantes procedentes de Caminha. Polos municipios de Padrón, Teo e Ames chegamos o final da viaxe, cruzando a histórica Porta Faxeira, animada rúa do franco e por fin a Catedral de Santiago.

- Publicidade -spot_img