spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPreto de 500 persoas participaron esta fin de semana no programa "Coñece...

Preto de 500 persoas participaron esta fin de semana no programa “Coñece a túa provincia” da Deputación de Pontevedra

libro-Conde-Gondomar

Dentro do marco do programa “Coñece a túa provincia”, que a Deputación de Pontevedra impulsa a través dos servizos sociais desde o ano 2008, esta fin de semana preto de 500 persoas puderon descubrir, a través de diversas rutas, a provincia de Pontevedra.

“Coñece a túa provincia” executarase ata o 31 de decembro de 2015

O programa “Coñece a túa provincia” contribúe á dinamización económica e social da provincia de Pontevedra ó tempo que impulsa o enriquecemento cultural, o fomento da convivencia e asociacionismo e pon en valor os principais recursos turísticos da provincia, promovendo así ó seu desenvolvemento económico.

Participan no programa entidades de iniciativa social da provincia de Pontevedra (maiores, mulleres, mozos, persoas con diversidade funcional, veciños, familias e menores) que, a través dunha xornada de convivencia que inclúe traslados en autocar, guías informativas, seguro de viaxe, manutención e visitas, percorren lugares emblemáticos das Rías Baixas. Así, as entidades poden elixir entre 18 rutas que abranguen desde os edificios da Deputación de Pontevedra ata concellos como A Estrada, A Guarda, Arbo,  Baiona, Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cangas, Cerdedo, Covelo, Cuntis, Forcarei, Lalín, Meaño, Meis, Mondariz, Mondariz-Balneario, Nigrán, O Grove, Poio, Portas, Redondela, Ribadumia, Salvaterra do Miño, Sanxenxo, Silleda e Vigo.

Esta fin de semana participaron sete asociacións e preto de 500 persoas de Marín (AA.MM. Virxe do Porto – Cantodarea), Mos (CELADO), Salceda de Caselas (Asociación Cultural A Feira), Sanxenxo (Asociación de Jubilados e Pensionistas San Estevo de Noalla) e Vigo (Asociación de Vecinos “As Fontes” Vilar – Lavadores e Asociación de Personas Sordas de Vigo).

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.