Presentouse en Vigo o documental “Diario de un camino”, unha historia que “che fará sentir o amor de forma diferente”, como reza o seu subtítulo.
No acto tamén estiveron o alcalde de Vigo, Abel Caballero, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda que tivo palabras de eloxio para Discamino, unha iniciativa que axuda a superar barreiras e dificultades para disfrutar ao máximo do Camiño, e destacou a labor do seu promotor, Javier Pitillas, que xa ten recibido en recoñecemento a Medalla Castelao no ano 2014 e a aposta da Xunta de Galicia por facer accesibles todas as rutas do Camiño de Santiago e que dispoñan de itinerarios alternativos para persoas con discapacidade.
A proxección tivo lugar no Auditorio Municipal de Vigo coa presenza dos protagonistas da película, Diana e David, unha parella de discapacitados que realizan unha viaxe de noivos a través da ruta Xacobea grazas á axuda de Pitillas



