Inicio Val Miñor Baiona Baiona e EE.UU. afianzan os seus lazos de amizade

Baiona e EE.UU. afianzan os seus lazos de amizade

baiona-e-ee-uu-afianzan-os-seus-lazos-de-amizadeO Embaixador de EE.UU. en España, James Custos, recibiu na embaixada americana ao Alcalde de Baiona, Angel Rodal, e á Concelleira de Turismo, Beatriz Gónzalez. Á recepción tamén acudiron o Presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo, e a Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

Os lazos de unión creados entre o país americano e a vila mariñeira afiánzanse tras a visita o pasado mes de outubro do embaixador Custos e Martha Stewart, empresaria, magnate dos medios e influente presentadora, coñecida como ‘a raíña das amas de casa estadounidenses’. O máximo representante dos americanos en España e a popular presentadora elixiron visitar Baiona dentro da estratexia que a embaixada estadounidense no noso país está a levar a cabo para dar a coñecer España en EE.UU., poñendo en valor a relevancia da Real Vila no panorama turístico internacional.

É a primeira vez que un rexedor baionés acode a unha recepción na Embaixada de EE.UU. Rodal e González aproveitaron o seu paso pola capital con motivo da Feira Internacional de Turismo para continuar estreitando os lazos entre unha das grandes potencias mundiais e a Real Vila de Baiona.

O encontro transcorreu nun ambiente distendido e a toma de contacto institucional entre o embaixador e o alcalde serviu para analizar “asuntos de actualidade e distintos temas de interese” para ambas as partes. Para o goberno municipal, a visita supón “un paso máis no fortalecemento da proxección internacional de Baiona, cuxa promoción turística saíu moi reforzada de FITUR 2016”. “O modelo do turismo baionés converteuse en referencia no sector pois o abalan numerosos recoñecementos que premian a súa calidade turística”. Sen ir máis lonxe, onte mesmo a propia Secretaria de Estado de Turismo, Isabel Borrego, entregaba en man ao alcalde de Baiona a declaración de Festa de Interese Turístico Internacional á festa da Arribada. A celebración baionesa por excelencia conseguiu en tempo récord o galardón.

O diplomático americano James Custos afirmou que “parte do meu esforzo como embaixador é fomentar o turismo entre ambos os países e axudar á promoción en EE.UU. de lugares tan marabillosos como Baiona, unha localidade que cando a coñecín non me deixou indiferente e que conseguiu ocupar un lugar no meu corazón pola súa beleza, cultura, gastronomía e pola calidez e proximidade das súas xentes”.

Precisamente polo trato recibido pola comitiva americana na súa visita a Baiona, Custos non quixo perder a oportunidade de convidar á embaixada ao goberno baionés. “Comprométome persoalmente en dar a coñecer no meu país á marabillosa Baiona e a hospitalidade da súa xente”, asegurou James Custos aos representantes baioneses.

Pola súa banda, Rodal solicitoulle que “anime aos americanos a que veñan visitar a vila e, por que non, a investir en Baiona”. O alcalde de Baiona e a concelleira lembraron ao embaixador a importancia de Baiona na historia universal ao ser o porto ao que arribou a Carabela Pinta en 1493 coas primeiras noticias sobre o novo mundo.

O rexedor baionés aproveitou a recepción na embaixada de EE.UU. para convidar persoalmente o diplomático americano á próxima festa da Arribada. Unha edición moi especial xa que será a primeira tras o seu nomeamento como festa de interese turístico internacional, que se celebrará os próximos 4,5, e 6 de marzo.

Con esta recepción, Baiona sitúase con forza no mapamundi e consolidar como polo de atracción de destacadas personalidades do ámbito internacional.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies