spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaPresentación en Redondela do documental "En todas as mans"

Presentación en Redondela do documental “En todas as mans”

Cartel_entodasasmansA Concellaría de Cultura organiza a proxección do documental “EN TODAS AS MANS”, incluído nun proxecto de revalorización do monte veciñal en mancomún que foi desenvolvido pola cooperativa redondelá Trespés.

 “En todas as mans é unha peza audiovisual que pretende mostrar a actividade das comunidades de montes e a vida dos seus protagonistas, acompañadas de voces expertas da economía, xudicatura, ecoloxismo, historia ou o activismo social. A súa suma ofrécenos un conxunto diverso de usos, reflexións, problemáticas e propostas arredor da xestión comunitaria do monte en Galicia e Portugal.

O proxecto “En todas as mans” non pretendeu ser unicamente un documental, senón que tivo un longo proceso de produción no que a cooperativa Trespés procurou construír unha comunidade de persoas e entidades amigas. De feito realizou múltiples presentacións en asociacións, xornadas, congresos, comunidades de montes e centros sociais no territorio galego-portugués, co obxectivo de abrir o debate público e provocar o interese da poboación en xeral.

O proxecto financiouse con pequenas achegas de máis de 250 persoas, arredor de vinte entidades e 19 montes veciñais, e a súa realización transcendeu o puramente cinematográfico e abrangueu tamén o eido social e o político. Ademais contou coa colaboración da AGADIC, a TVG, a Deputación de Lugo e o Concello de Pontevedra.

Na presentación en Redondela, que se celebrará o xoves 7 de maio, ás 20.30 h, no auditorio da Xunqueira, contarase coa presenza da directora do filme, Sociedade Cooperativa Galega, a encargada de xestionar e desenvolver todo o proxecto.

 A entrada é de balde.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.