spot_img
InicioVal MiñorGondomarPresentación en Gondomar do libro "Taibo. Verso libre da música galega. Compostela...

Presentación en Gondomar do libro “Taibo. Verso libre da música galega. Compostela / México D.F”

presentacion-en-gondomar-do-libro-taibo-verso-libre-da-musica-galega-compostela-mexico-d-fA Aula Ponte de Rosas” de Gondomar acolle o vindeiro 23 de Maio ás 20:00h., a presentación do libro “Taibo. Verso libre da música galega. Compostela / México D.F”  

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

Taibo. Verso libre da música galega. Compostela / México D.F. ofrece unha minuciosa biografía da persoa poliédrica de Luís Taibo (Santiago de Compostela, 1877 – México D.F., 1954). Foi compositor, pianista, director, escritor e médico, ademais dunha figura esencial nos diferentes movementos galeguistas de finais do século XIX e primeira metade do XX. Divido entre Galicia e México, país que o acolleu e lle permitiu desenvolverse plenamente, no ámbito musical supón un paso máis cara o nacionalismo galego, dende un estilo moi persoal e sempre enraizado na tradición galega. Este volume conta cun catálogo completo das súas obras, así como cun apartado documental con partituras, epistolario e textos literarios.

Sobre o autor

Alberto Cancela Montes (Santiago de Compostela, 1984) é diplomado en Educación Musical pola Universidade de Santiago de Compostela e licenciado en Historia e Ciencias da Música pola Universidade de Oviedo, onde tamén se doutorou en 2020. Ten publicados diversos traballos de investigación relacionados coa vida musical en Galicia entre a segunda metade do século XIX e a primeira do XX. Precisamente cun traballo sobre a familia de músicos Courtier e, en colaboración coa súa irmá a tamén doutora Beatriz Cancela, obtivo en 2011 unha «Mención Especial» no II Premio de Investigación Histórica Domingo Fontán. Xunto con Sixto Gómez deu forma a “Chané. O nacemento da Música Popular Galega“, editado por aCentral Folque, no que se narra a vida de José Castro González “Chané”, nome fundamental na revolución que viviu música galega na súa época

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.