spot_img
InicioBaixo MiñoA Carreira Popular de San Telmo I Memorial Xosé Martínez Tato recadou...

A Carreira Popular de San Telmo I Memorial Xosé Martínez Tato recadou unha tonelada de alimentos

a-carreira-popular-de-san-telmo-i-memorial-xose-martinez-tato-recadou-unha-tonelada-de-alimentosA Carreira Popular e Solidaria de San Telmo, I Memorial Xosé Martínez Tato, recadou este ano 1.074 quilos de alimentos grazas á colaboración de todas as persoas que participaron neste evento deportivo, organizado conxuntamente polo Concello de Tui e o Club Atletismo Tui.

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

As persoas voluntarias de SOS Tomiño – Baixo Miño foron as encargadas, o mesmo día da carreira, de recoller todos os alimentos doados. Pasta, arroz e leite foron os alimentos máis aportados, pero tamén garavanzos, azucre, conservas, fariña, tomate frito, cacao soluble, galletas ou aceite

Dende o Concello de Tui agradécese a colaboración de todas as persoas que fixeron a súa achega para SOS Tomiño – Baixo Miño, destacando o labor que realiza esta asociación asistencial. Do mesmo xeito dende o concello amósase tamén o agradecemento a todas as persoas e entidades que fixeron posible esta proba deportiva, en especial ao Club Atletismo Tui que organiza xunto co Concello esta carreira.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.