A programación do XXVI Festival foi unha proposta teatral mesturada con concertos musicais, espectáculos itinerantes e actividades complementarias. Unha festa da diversidade que encheu de novo Redondela de marionetas de fíos, monicreques tradicionais, vangardas creativas, espectáculos itinerantes, instalacións, animación de rúa e un feixe de sorpresas propoñendo toda unha experiencia para espectadores e espectadoras.
Un ano máis a maxia dos títeres cativou a toda a ciudadanía, cun programa composto por
30 compañías, 10 escenarios e máis de 70 actividades, que chegaron a congregar a máis
de 38.000 persoas durante a semana de duración, converténdose de novo nun punto de
encontro da cidadanía dunha maneira lúdica e festiva, sendo xa un referente no mapa dos
grandes festivais internacionais.
Sala e Campaña Escolar
Tanto na Campaña Escolar como nas funcions diarias de Sala a aceptación foi extraordinaria traducíndose en cheos absolutos. A compañia de Teatro y su Doble (Chile) obtivo un considerable éxito coa súa obra “Feos” así como a montaxe de “Árido” de la compañía Cazando Gamusinos en coprodución con el Centro Dramativo Nacional. Máis de 1.300 persoas acudiron ás sesións programadas no Multiúsos da Xunqueira de luns a domingo.
A campaña escolar compúxose de propostas innovadoras e impactantes como Valeria Guglietti (Arxentina) ou Girovago e Rondela (Italia) que cautivaron a máis de mil rapaces e rapazas das escolas infantís de Cesantes, A Marisma, Ventosela, Outeiro e Nespereira, así como os colexios Alexandre Bóveda, Quintela, Reboreda, Santa Mariña, Cedeira, Porto- Cabeiro e Igrexa.
Espectáculos de rúa e itinerantes
Dentro dos espectáculos itinerantes de rúa temos que destacar o éxito enorme que tivo o Caracol da compañía Ángeles de Trapo que encheu as rúas de Redondela de paseos participativos e cheos de encanto, coa Ruada “Saca os teus cornos ao sol”, que un ano máis gozou de moi boa participación. Tamén nomear a gran expectación causada polos “Caballos de Menorca” de Tutatis que encandilaron al público asistente.
En canto aos espectáculos de rúa programados, falar de Mario Ezno, o titiriteiro do momento que congregou a centos de espectadores coa seu espectáculo “Las aventuras de Manolo Bolaños”; a obra de “Los músicos de Bremen” de La Ventana de Retablo (Castela A Mancha) ou a afamada compañía Mamulengo Presepada coa clásica e historia obra “A vida de Mamulengo”. En total, máis de 30.000 persoas puideron gozar durante a fin de semana das propostas itinerantes e nos 10 escenarios espallados pola vila.
Un ano máis, fomentouse tamén a accesibilidade cultural con catro funcións propostas con intérprete en lingua de signos, así como a adaptación de todos os espazos para acceso en cadeira de rodas.
Nesta 26ª edición o Festival propuxo a exposición: “A volta ao mundo en 80 monecos” de Cachirulo Títeres do 9 ao 20 de maio, na que se fai un percorrido por diferentes culturas do mundo amosando as variadas manifestacións artísticas en torno á Arte do Monicreque, pola que pasaron máis de 8.000 espectadores.
A programación Off e o Mercadiño titiriteiro complementaron, un ano máis, as propostas oficiais do Festival, que volveron gozar dun notable éxito.



