No acto estará Leire Diez Castro, Directora de Relacións Institucionais e Filatelia e, Antonio Lomba, Alcalde da Guarda.
Dende a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, convidan a ir a esta presentación “para que Correos vexa que facer este tipo de actos nun pobo coma A Guarda pode ser igual, ou máis importante que facelo nunha cidade. Para o pobo da Guarda é un feito histórico ter un selo que percorrerá o mundo enteiro.”