spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaPresentación do libro sobre Rita Otero en Redondela

Presentación do libro sobre Rita Otero en Redondela

Presentación do libro sobre Rita Otero en RedondelaA Concellaría de Cultura organiza a presentación do libro sobre a redondelá homenaxeada no ano 2014, Rita Otero, como colofón á exposición que se exhibe no multiúsos da Xunqueira e ao ano adicado a esta muller.

Celebrarase o vindeiro venres, 26 de decembro, ás 20.00 h, na Sala I do Multiúsos da Xunqueira, e contará coa presenza da autora da biografía, Sabela Álvarez Manzano.

Sabela Álvarez Manzano é unha xornalista natural de Vigo, licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade Pontificia de Salamanca, que na actualidade reside en Madrid. Compaxina o seu traballo como asesora en proxectos de comunicación estratéxica para empresas e programación neurolingúística, cun destacado posto a nivel comercial para unha firma de telecomunicacións. Está especializada en programación e formatos televisivos, traballou como presentadora e guionista de programas para TVG e V Televisión.

O libro sobre Rita Otero que presenta elaborouno grazas á documentación conseguida a pé de campo en Redondela e entrevistando á xente que coñeceu a Rita Otero Fernández dunha forma próxima e directa. Un labor que fixo por encargo da familia Regojo Otero á que a une un vínculo profesional e amigable a través do súa coautoría, hai xa tres anos, da biografía de Rita Regojo, fundadora de Aldeas Infantís SOS e primoxénita da homenaxeada.

O acto contará coa actuación musical do Cuarteto Altamira, un cuarteto de corda integrado por prestixiosos intérpretes da Filarmonía de Galicia.
A entrada é libre.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.