A Casa dos Alonso puxo o cartel de aforo completo para a presentación do Libro “Páxinas da Guarda”
O pasado xoves día 22 de xullo a Casa dos Alonso acolleu a presentación do Libro “Páxinas da Guarda”, un libro que nace durante o confinamento coa idea de facer unha selección que abarcase a historia da Guarda e da Comarca, recopilando aqueles artigos de Antonio Martínez, Celso Fariñas e José Ángel Gándara que se publicaron nos distintos libros de festas locais de diferentes municipios do Baixo Miño.
Procedeuse ao escaneado deses artigos publicados ao longo dos anos, para amosalos nesta publicación que está realizada a proposta de Infomaxe, baixo o patrocinio do Concello da Guarda.
Montserrat Magallanes, Concelleira de Cultura, valorou moi positivamente esta iniciativa, agradecendo o labor realizado polos seus impulsores, pondo en valor un prezado material da historia da nosa vila.