spot_img
InicioO MorrazoMarínO Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor traspasa fronteiras

O Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor traspasa fronteiras

O Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor traspasa fronteirasA Petit Futé, unha das guías francesas mías importantes, na edición que lle adica a Galicia, Cantabria, Asturias e Castela e León, inclúe a estación arqueolóxica de Marín polo seu interese e riqueza patrimonial.

Non é a primeira vez que esta publicación recolle o CIP de Mogor dentro dos plans propostos para o turista francés. De feito, tal e como indican desde a empresa encargada da xestión do centro, dentro da fracción de visitantes estranxeiros, os franceses destacan sobre outros lugares.

A guía pode consultarse aquí: https://boutique.petitfute.com/galice-asturies-cantabrie-castille-et-leon-2021-2022.html?origine=petitfute#xtor=EPR-365

Horario de verán do CIP de Mogor

Ata o 12 de setembro, lembrar que o centro de interpretación está aberto de martes a domingos de 11.30 a 13.30 e de 18.00 a 21.00 horas. Ademais, hai visitas guiadas de 30 minutos ás 12.30 e ás 20.30 horas, sen necesidade de reserva.

Por prevención pola Covid-19, o aforo interior do centro é de 8 persoas

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.