spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPortugal restablece o control das súas fronteiras pola visita do Papa a...

Portugal restablece o control das súas fronteiras pola visita do Papa a Fátima

130-anos-da-historica-inauguracion-da-ponte-internacional-sobre-o-rio-mino-unindo-as-cidades-de-tui-e-valencaOs próximos días 12 y 13 está prevista a visita do Papa Francisco a vila portuguesa de Fátima. Debido as medidas de seguridade impostas polo goberno portugués restáurase o control documental nas fronteras, polo que haberá restricións na fronteira española-portuguesa dende o mércores 10 ao sábado 13 de maio. * (OPC)

Restablécese o control fronteirizo documental de persoas anterior ao Acordo de Schengen entre as 00:00 horas do próximo día 10 de maio (mércores) e as 23:59 horas do día 13 (sábado) deste mesmo mes, afectando unicamente as entradas en Portugal.

comillasO Acordo de Schengen é un acordo polo que varios países de Europa suprimiron os controis nas fronteiras interiores e trasladaron eses controis ás fronteiras exteriores

Todas as persoas que durante o período de restablecemento de fronteiras teña previsto desprazarse a Portugal, ademais de realizalo polos pasos autorizados, deberá levar consigo a súa documentación persoal (D.N.I. ou Pasaporte), ademais da documentación do vehículo e permiso de condución, no seu caso. Os menores de idade tamén deberán levar consigo D.N.I., o pasaporte propio.

Atención horario do servizo do ferry entre A Guarda e Caminha ata o domingo 14 de maio

Como consecuencia da visita do Papa, esta semana o servizo do ferry suspendese do mércores ao sábado, ambos incluídos. Polo tanto, o ferry funcionará tan só o martes e o domingo pero con algunha restrición pola marea baixa.

A próxima semana a previsión é que funcione con normalidade. Para calquera aclaración recomendase chamar ao despacho de billetes 986 61 15 26 no horario de atención de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00

-*Información facilitada pola Oficina Periférica de Comunicación (opc) da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra

- Publicidade -spot_img