spot_img
InicioAlto MinhoPortugal comprométese co Camiño de Santiago

Portugal comprométese co Camiño de Santiago

portugal-comprometese-co-camino-de-santiago

O Ministro de Cultura luso compromete un escrito ao Eixo Atlántico testemuñando o seu apoio ao proxecto de revitalización do Camiño e a súa candidatura a Patrimonio da Humanidade

O Presidente e o Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Ricardo Rio e Xoan Vázquez Mao, respectivamente, reuníronse en Lisboa co Ministro de Cultura de Portugal, João Soares, ao que lle expuxeron que o Goberno de Portugal lidere a recuperación e promoción do Camiño Portugués de Santiago, tanto na súa recuperación, como na candidatura do Camiño para ser declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, contextualizado no horizonte de 2021, próximo ano santo.

O Ministro de Cultura manifestou o seu compromiso “entusiasta” a todo o que significa o Camiño de Santiago e á relación con Galicia. Neste sentido, o Ministro João Soares comprometeuse a organizar unha reunión con outros departamentos do Goberno de Portugal, especialmente os de Economía e Turismo para analizar os próximos pasos a dar. O Presidente do Eixo Atlántico, Ricardo Rio, suxeriu ao Ministro que a Xunta de Galicia sexa tamén incorporada a estas reunións.

O Secretario Xeral da entidade transfronteiriza e a asesora do Ministro acordarán os pormenores desta reunión para que se celebre canto antes.

Igualmente Soares manifestou aos dirixentes do Eixo Atlántico que enviará nos próximos días unha carta oficial á entidade na que testemuñará o seu apoio, e o do seu departamento, a estes proxectos.

Ricardo Rio, pola súa banda, manifestou a súa satisfacción pola adhesión do Goberno portugués á proposta do Eixo Atlántico que consideramos crucial non só para o turismo, senón para a economía global da rexión Norte e de todo Portugal”.

Pola súa banda, o Secretario Xeral do Eixo Atlántico, manifestou a súa satisfacción por estean posicionamento e por outras decisións do novo goberno portugués que “en 4 meses desbloqueou “ lembrou- dúas importantes cuestións para a eurorrexión como son as infraestruturas e o Camiño Portugués”, aspectos que Xoan Mao considera intimamente relacionados “porque unhas conexións ferroviarias de calidade, son un aliciente máis para percorrer o Camiño de Santiago”.

- Publicidade -spot_img