O organismo ten en execución as obras de reordenación de atraques de sétima lista e xa executou o acondicionamento da doca, a estación marítima e a de subministro de combustible
Portos de Galicia ten executado xa na súa totalidade o programa de actuacións previstas para Baiona presentado no ano 2010, con horizonte 2015. En total trátase dun plan de investimentos que supera o millóns de euros e que inclúe cinco actuacións. Así se puxo de manifesto durante a sua visita o presidente do ente público, José Juan Durán, ao municipio.
Ata o momento están xa executadas o acondicionamento da doca, a estación marítima, e nesta mesma semana, o traslado que se fixo da carabela Pinta. Actualmente atópase en execución o último dos proxectos previsto, a reordenación de atraques de sétima lista. A maiores dos proxectos da área de infraestruturas, Portos de Galicia elaborou tamén o Plan Especial do porto de Baiona, que será aprobado nas vindeiras semanas, despois de 14 anos.
Durante a súa visita, Durán Hermida comprobou o traslado da carabela Pinta á súa nova ubicación, máis próxima á praia. Este traslado enmárcase dentro da actuación que se está a executar e que habilitará un centenar de prazas de amarre para embarcacións deportivas. Esta actuación, financiada cunha partida finalista de Fondos europeos Feder, dará resposta á actual situación do peirao baionés que conta cunha lista de espera de máis de 50 barcos. Conta cun orzamento de 348.000 euros, máis IVE.
Finalmente, o presidente de Portos de Galicia deu conta tamén da recente reparación do sistema de control de accesos mediante pilonas hidráulicas ao aparcadoiro da lonxa. A reparación atinxiu a ambos pivotes, de entrada e saído do recinto e permite devolver á operatividade ao sistema de control que impide o paso a vehículos alleos permitindo só o tráfico rodado a vehículos autorizados que contan co dispositivo electrónico necesario para activalas.



