spot_img
InicioO MorrazoA Xunta aprobará nos vindeiros días o decreto que permitirá iniciar o...

A Xunta aprobará nos vindeiros días o decreto que permitirá iniciar o proceso expropiatorio en todo o trazado do desdobramento do Corredor do Morrazo

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto de urxente ocupación que permitirá iniciar o trámite expropiatorio en todo o trazado do corredor do Morrazo para o seu desdobramento e conversión en autovía. Estímase que as expropiacións terán un importe total de 1,1 millóns de euros para un total de 105 predios afectados, cunha superficie de 101.315 m2.. O desdobramento previsto dos 11 km de corredor efectuarase mediante a construción máis eficiente posible, evitando o seu desenvolvemento polas zonas máis inaccesibles, razón pola que as citadas expropiacións son necesarias. Con este decreto, a Xunta avanza no seu obxectivo de converter o corredor do Morrazo en autovía, ao tempo que representa un novo paso no compromiso do Goberno galego de licitar, contratar e iniciar as obras de desdobramento do corredor do Morrazo neste 2015. Concretamente a licitación poderá levarse a cabo na primavera. A conversión do corredor do Morrazo en autovía reducirá os problemas de capacidade de infraestrutura actual, redundará en maior seguridade viaria, favorecerá a mobilidade e mellorará a vertebración e a estrutura territorial de comunicacións da comarca do Morrazo co eixe atlántico. Trátase, polo tanto, dunha actuación que procura mellorar a calidade de vida dos veciños e favorecer a actividade económica desta comarca do Morrazo. Co fin de facer viable esta actuación, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas decidiu dividir a actuación en tres subtreitos. Actualmente estanse a rematar os proxectos construtivos do segundo e do terceiro tramo. O proxecto correspondente ao primeiro deles, o que une Rande-Domaio, está rematado, e recolle a conversión en autovía do actual corredor ao longo de arredor de 3 quilómetros de lonxitude. Neste percorrido destacan tres infraestruturas principais: • Viaduto de enlace de Rande, de 73 metros. • Viaduto da Moura, de máis de 400 metros. • E o túnel de Montealegre, de 133 metros. A construción deste primeiro subtreito do desdobramento contará cun investimento de máis de 20 millóns de euros (incluídas expropiacións e servizos afectados). O proxecto construtivo desenvolve o trazado aprobado en 2013, que respecto ao licitado anteriormente recolle, entre outros, axustes de deseño en planta e en alzado para minimizar no posible os movementos de terras. A finalidade é definir unha solución máis optimizada, mais sinxela e equilibrada e de menor impacto, mantendo a máxima funcionalidade. Así, mentres o proxecto inicial prevía neste treito a duplicación da calzada na súa totalidade pola marxe dereita do actual corredor, a nova solución recolle a duplicación pola marxe esquerda (lado da ría), aproximadamente ata o p.q. 1+600, e pola marxe dereita (lado do monte) desde ese punto. Para a definición do trazado da vía e das estruturas, e dada a complexidade da orografía da zona, realizáronse mais de 100 ensaios xeotécnicos (sondaxes, catas, ensaios de penetración dinámica, etc...) que permitiron a caracterización do terreo. Estes ensaios posibilitarán, ademais, que as obras se executen reaproveitando os materias existentes na maior medida posible, minimizando deste xeito o impacto da actuación.A conselleira de Infraestrutras presentoulles hoxe aos alcaldes de Cangas e Moaña o trazado completo desta obra, así como o proxecto construtivo correspondente ao primeiro treito desta actuación

A Xunta de Galicia está a traballar coa máxima intensidade para converter o corredor do Morrazo en autovía e, segundo informou hoxe a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o Consello da Xunta aprobará nos vindeiros días o decreto de urxente ocupación que permitirá iniciar o trámite expropiatorio en todo o trazado de desdobramento do corredor. Unhas expropiacións cuxo importe total está calculado en 1,1 millóns de euros.

A aprobación do decreto suporá, tal e como indicou a conselleira, un novo paso no compromiso do Goberno Galego de licitar, contratar e iniciar as obras de desdobramento do corredor do Morrazo neste 2015. Concretamente a licitación poderá levarse a cabo na primavera.

Ethel Vázquez mantivo hoxe unha reunión cos alcaldes de Cangas, José Enrique Sotelo; e de Moaña, José Fervenza; na que tamén participou o presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán; o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez e a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch. Neste encontro celebrado en Cangas presentouse o trazado completo do desdobramento do corredor do Morrazo, así como o proxecto construtivo correspondente ao primeiro treito desta actuación.

Xunta-abprobará-decreto-permitirá-iniciar-expropiatorio-trazado-desdobramento-Corredor-Morrazo

Primeiro treito
A conselleira lembrou que para facer viable a execución do desdobramento o seu departamento decidiu dividir a actuación en tres subtreitos. Actualmente estanse a ultimar os proxectos construtivos do segundo e do terceiro tramo. O proxecto correspondente ao primeiro deles, o que une Rande-Domaio, está rematado, e recolle a conversión en autovía do actual corredor ao longo de arredor de 3 quilómetros de lonxitude.

Neste percorrido destacan tres infraestruturas principais:

• viaduto de enlace de Rande, de 73 metros.
• viaduto da Moura, de máis de 400 metros.
• E o túnel de Montealegre, de 133 metros.

A construción deste primeiro subtreito do desdobramento contará cun investimento de máis de 20 millóns de euros (incluídas expropiacións e servizos afectados).

Xunta-abprobará-decreto-permitirá-iniciar-expropiatorio-trazado-desdobramento-Corredor-Morrazo

O proxecto construtivo desenvolve o trazado aprobado en 2013, que respecto ao licitado anteriormente recolle, entre outros, axustes de deseño en planta e en alzado para minimizar no posible os movementos de terras. A finalidade é definir unha solución máis optimizada, mais sinxela e equilibrada e de menor impacto, mantendo a máxima funcionalidade.

Así, mentres o proxecto inicial prevía neste treito a duplicación da calzada na súa totalidade pola marxe dereita do actual corredor, a nova solución recolle a duplicación pola marxe esquerda (lado ría) aproximadamente ata o PK 1+600, e pola marxe dereita (lado monte) desde ese punto.

Para a definición do trazado do vial e das estruturas, e dada a complexidade da orografía da zona, realizáronse mais de 100 ensaios xeotécnicos (sondeos, calicatas, ensaios de penetración dinámica, etc…) que permitiron a caracterización do terreo. Estes ensaios posibilitarán ademais que as obras se executen reaproveitando os materias existentes na maior medida posible, minimizando deste xeito o impacto da actuación.

A conselleira de Infraestruturas destacou que a comarca leva tempo esperando por unha actuación que reducirá os problemas de capacidade de infraestrutura actual, redundará en maior seguridade viaria, favorecerá a mobilidade e mellorará a vertebración e a estrutura territorial de comunicacións da comarca do Morrazo co eixo atlántico. Unha actuación que mellorará a calidade de vida dos veciños e favorecerá a actividade económica desta comarca.

Así mesmo, Ethel Vázquez avanzou que no vindeiro mes de marzo licitarase a redacción do proxecto construtivo da Variante de Cangas.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.