spot_img
InicioO MorrazoMoañaPortos de Galicia aproba a delimitación de espazos e usos portuarios dos...

Portos de Galicia aproba a delimitación de espazos e usos portuarios dos peiraos de Moaña e Vilaxoán

Portos de Galicia aproba a delimitación de espazos e usos portuarios do peirao de MoañaO Consello de Administración do ente ratificou ambos documentos que recollen o ordenamento do solo e a distribución das actividades que se desenvolven nel

Portos de Galicia ten xa aprobados os documentos de Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUP) dos portos pontevedreses de Moaña e Vilaxoán (Vilagarcía). O Consello de Administración do ente público vén de ratificar, na súa última sesión, ambos documentos, que recollen o ordenamento do solo e a distribución das actividades que se desenvolven no dominio público portuario.

Os documentos, que incorporan todos os estudios ambientais preceptivos, foron elaborados polo propio ente público cunha dobre finalidade. Por unha parte, definir a delimitación interior e exterior do dominio portuario e, por outra banda, asignar os usos correspondentes a cada unha das diferentes zonas do porto. Entre estes usos establécense os correspondentes á actividade profesional, náutico recreativa, complementaria, incluíndo neste as actividades loxísticas de almacenaxe ou reparación e as que corresponden a empresas industriais ou comerciais; e finalmente uso para infraestruturas básicas do porto.

Ambos documentos estarán dispoñibles para consulta dos usuarios e interesados a través da páxina web de Portos de Galicia logo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Ademais serán remitidos aos Concellos correspondentes para que poidan ser postos a disposición da cidadanía para consulta.

A Delimitación de Espazos e Usos Portuarios é unha actuación encamiñada a mellorar a relación entre os portos e as vilas que os acollen, unha das liñas de traballo permanente de Portos de Galicia. Deste xeito, o ente público avanza na cohesión entre o tecido urbano e as infraestruturas portuarias, de modo que poidan beneficiar non só aos usuarios directos, senón tamén ao conxunto da cidadanía. Así mesmo, establece unha planificación e zonificación das diferentes actividades que conviven no peirao, a medio e longo prazo.

- Publicidade -spot_img