spot_img
InicioVal MiñorNigránAlumnos de primaria do Colexio Público de Panxón visitaron o CETMAR no...

Alumnos de primaria do Colexio Público de Panxón visitaron o CETMAR no marco dunha xornada educativa dedicada ao patrimonio marítimo

Alumnos de primaria do Colexio Público de Panxón visitaron o CETMAR no marco dunha xornada educativa dedicada ao patrimonio marítimo Os escolares de 5º e 6º de Primaria tiveron oportunidade de coñecer a misión e os obxectivos do Centro Tecnolóxico do Mar nunha actividade do proxecto PROAMARE

Un grupo de 31 alumnos e alumnas do Colexio Público Integrado de Panxón (Nigrán) visitaron esta semana á sede do CETMAR en Vigo para coñecer o funcionamento do Centro, o seu obxectivo e o seu laboratorio de Tecnoloxías Mariñas. A visita enmárcase nas actividades do proxecto PROAMARE “Protección Activa do Patrimonio do Mar”, e contou coa colaboración da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.

Acompañados por tres profesores, os escolares foron recibidos no CETMAR pola súa directora-xerente, Paloma Rueda Crespo, e polo secretario xeral, Julio Taboada. Trala benvida, recibiron unha charla sobre artes de pesca e patrimonio marítimo que deu continuidade as actividades relacionados co mar que está a realizar este centro, e que neste curso céntranse nos oficios e na cultura do mar, e máis especificamente nas embarcacións tradicionais de Galicia.

Durante a súa estancia no CETMAR, os rapaces tiveron oportunidade de visitar o laboratorio de Tecnoloxías Mariñas e de ver de cerca unha boia oceanográfica e outros aparellos empregados polos técnicos do Centro nos proxectos relacionados coa oceanografía operacional.

A xornada rematou cunha navegación con embarcacións tradicionais pola Ría de Vigo. Persoal do Centro Tecnolóxico do Mar e da Asociación de Mariñeiros de Bouzas acompañaron aos escolares nunha travesía que se iniciou nas instalacións da devandita entidade e que os levou pola Ría de Vigo ata Cangas, onde recibiron unha charla sobre a conserveira de Massó e a factoría baleeira.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.