spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorPortos de Galicia ampliará un pantalán pesqueiro no peirao de Arcade, en...

Portos de Galicia ampliará un pantalán pesqueiro no peirao de Arcade, en Soutomaior

Portos de Galicia ampliará un pantalán pesqueiro no peirao de Arcade, en SoutomaiorA Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, empezará nos próximos días a ampliación dun dos pantaláns pesqueiros do peirao de Arcade, en Soutomaior. Esta obra responde a unha demanda da confraría de pescadores da zona para facilitar o seu traballo diario e supón un investimento de preto de 36.000 euros.

Os traballos consistirán na instalación dun módulo de pantalán de aluminio de 12 metros de lonxitude e 2,5 metros de ancho con pavimento de madeira tecnolóxica e na colocación de nove brazos de amarre (fingers) de 4 metros de lonxitude. Para a suxeición do pantalán instalaranse catro pilotes e o prazo de execución desta actuación é dun mes.

A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, informou ao patrón maior da confraría de Arcade sobre o próximo inicio desta obra nunha reunión mantida hoxe na que abordaron distintos temas de interese para o sector marítimo-pesqueiro da zona.

Esta actuación forma parte dos labores de mellora e mantemento que Portos de Galicia realiza nos peiraos autonómicos despois de analizar as necesidades das instalacións portuarias. Con eles, o ente público busca poñer en valor as instalacións portuarias coa finalidade de mellorar a operatividade portuaria, impulsar a competitividade, e eficiencia e a sustentabilidade dos peiraos autonómicos.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.