spot_img
InicioCondado ParadantaPonteareas presenta o seu programa de festas para setembro con máis de...

Ponteareas presenta o seu programa de festas para setembro con máis de 50 actividades deportivas, culturales e concertos

Ponteareas presenta o seu programa de festas para setembro con máis de 50 actividades deportivas, culturales e concertosO Concello de Ponteareas presentou o programa das Festas de Setembro que inclúe máis de 50 propostas culturais e deportivas que completarán unha oferta para todos os públicos durante os 30 días do mes.

Revista COUSAS DE Nº18

A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, acompañada do concelleiro de Cultura, Ricardo González, presentou o cartel das festas de setembro, A Nosa Señora dos Remedios e San Miguel.

O programa, que aínda ten citas por pechar, abrangue actos para todas as idades, nenos, adultos e familias, e de índole diversa para todos os gustos polo que se celebrarán eventos culturais, deportivos, lúdicos e musicais do 1 de setembro ao 1 de outubro.

O Concello confirma que na Festa dos Remedios o pregoeiro será Xose Antonio Touriñán, o cómico galego coñecido como “Touri”.

Algúns dos exemplos máis destacados son o concerto Gala Lírica de Zarzuela “Soutullo na Ialma”, a XV Feira Tradicional dos Remedios, o LV Concurso  Rexional de Gaitas do País, que rende homenaxe a Antonio Cabaleiro, ou a actuación Camiñantes e Cantantes presentada por Manuel Manquiña e Pepo Suevos.

TODA A PROGRAMACIÓN NESTE ENLACE: Programa festas setembro 2023

A oferta deportiva comezará o venres, día 1 de setembro, co XIV Torneo de Tenis, ao que seguirán xornadas de bádminton, carreira pedestre, ciclismo, xadrez, fútbol, petanca e hóckey.

Ademais das habituais noites de verbena, haberá visitas guiadas polo casco vello de Ponteareas, o cemiterio ou o castro de Troña así como obradoiros infantís de cociña, artesanía ou xogos tradicionais.

Unha ampla oferta de actividades co obxectivo de ofrecer aos veciños e veciñas unha forma de reunión, diversión e entretemento.

En total, máis de 50 actividades repartidas ao longo dun mes, nas que o ocio e desfrute serán os grandes protagonistas.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.