spot_img
InicioBaixo MiñoO club Andatui realizará a segunda edición "de fortaleza en fortaleza"

O club Andatui realizará a segunda edición “de fortaleza en fortaleza”

Arquitectura militar histórica - Fortalezas. A nova Xeira do IEM lévanos ata Tomiño
Fortaleza de Goián

O sábado 23 de setembro o club Andatui realizará a segunda edición De fortaleza en fortaleza, un evento de ocio no que os organizadores mesturan sendeirismo con turismo histórico, visitando cinco fortalezas defensivas da fronteira máis antiga de Europa

Revista COUSAS DE Nº18

Nesta ruta, duns 23 quilómetros, os pàrticipantes visitarán cinco fortalezas defensivas situadas ao carón do río Miño. Unha xornada de sendeirismo na que realizarán unha visita guiada polas fortalezas de Tui, Valença, san Francisco de Lovelhe, castelo de Vila Nova de Cerveira e san Lourenzo de Goián. Cinco fortalezas de catro poboacións (Tui, Valença, Vila Nova de Cerveira e Tomiño) que conforman dúas Eurocidades, dous países, tres linguas e todas elas unidas polo río Miño.

 

O club Andatui realizará a segunda edición "de fortaleza en fortaleza"
Fortaleza Lobelhe_Cerveira

As visitas ás cinco fortalezas, duns vinte minutos cada unha, serán guiadas polo historiador Suso Vila, un dos maiores coñecedores da arquitectura defensiva a ámbolos lados do último tramo do río Miño.

A saída será desde a praza da Inmaculada de Tui ás 08:30 horas para facer unha visita pola súa muralla. A continuación a ruta levaranos ata a fortaleza de Valença onde explicarán a súa historia. Finalizada a explicación continuarase pola ecopista que vai ao carón do río Miño ata a Área recreativa da Lenta, en Vila Nova de Cerveira, onde será o xantar. Pola tarde será a quenda das visitas guiadas ao forte de san Francisco de Lovelhe, ao castelo de Vila Nova de Cerveira e o forte de san Lourenzo en Goián. Ao finalizar esta visita colleranse os buses que levarán de volta ata o punto de partida en Tui.

Xa está na páxina www.andatui.es toda a información e o formulario de inscrición.

- Publicidade -spot_img