spot_img
InicioCondado ParadantaPonteareas presenta o II Concurso de Almorzos "Saboretea"

Ponteareas presenta o II Concurso de Almorzos “Saboretea”

ponteareas-presenta-o-ii-concurso-de-almorzos-saboreteaDescubrir combinacións saudables ao tempo que saboreas algo apetitoso é o reto que o Concello de Ponteareas lanza a hostaleiros e clientes nesta segunda edición do exitoso Saborotea, así o adiantaron a alcaldesa Nava Castro e o concelleiro de Comercio Ricardo González na presentación do cartel.

Revista Cousas de Nº24

Con esta presentación o Concello abre o prazo para que os locais de hostalaría poidan inscribirse a través do correo electrónico comercio@ponteareas.gal. Ata o 16 de abril a hostalaría poderá tramitar a súa solicitude achegando tan só unha fotografía, un título e unha breve descrición.

Do 25 de abril ao 1 de xuño o público poderá almorzar dun xeito saudable e novidoso porque a hostalaría local despregará a súa creatividade para optar aos premios “almorzo máis orixinal”, “mellor servizo” e “almorzo saudable”. Un xurado profesional composto por profesarado de Ciclo Medio de Panadería, Pastelería e Confeitería da  EFA A Cancela, unha persoa experta en nutrición e membros da Corporación Municipal avaliarán as propostas.

Almorzos saudables

Nesta edición o xurado valorará de xeito especial que sexa un almorzo completo que inclúa os tres grupos nutricionais: cereais, legumes o alimentos de orixe animal. Tamén puntuará positivamente almorzos integrais ou sen azucres engadidos así como aqueles que sexan o menos ultraprocesados posible sen graxas e aditivos. A calidade dos ingredientes tamén será observada moi de preto. A temporalidade e a proximidade serán puntuables sen esquecer a atención ao cliente e a presentación.

Os almorzos de Saborotea non pasarán dos cinco euros e poderán degustarse dous días á semana. O concelleiro de Comercio traslada que tamén haberá premios para o público.

Alcaldesa e concelleiro animan a participar e a innovar para sorprender ao público, espertar a súa curiosidade e tamén educar o paladar con pratos nutritivos e saudables que inxecten toda a enerxía precisa para comezar ou continuar o día.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.