spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán celebra este sábado a 'III Gala Carlos Casares: no camiño das...

Nigrán celebra este sábado a ‘III Gala Carlos Casares: no camiño das artes’

nigran-celebra-este-sabado-a-iii-gala-carlos-casares-no-camino-das-artesEste día serán entregados os premios do III Certame de Relato Curto para escolares de Nigrán, convocado en febreiro pasado

Revista Cousas de Nº24

O Concello de Nigrán e a Fundación Carlos Casares colaboraron un ano máis para homenaxear, potenciar e dar a coñecer a figura e a obra de Carlos Casares entre a mocidade de Nigrán a través dun concurso literario e, por esta razón, celebran este sábado 12 de abril III Gala Carlos Casares: no camiño das artes, durante a cal serán entregados os premios aos gañadores e gañadoras. O III Certame de Relato Curto  para escolares de Nigrán realizouse este ano baixo o lema ‘Un lobo e un can, andan soltos por Nigrán’, en referencia á famosa obra do escritor e veciño de Nigrán ‘O can Rin e o lobo Crispín’. A finalidade é estender o legado do escritor ás novas xeracións nun concello que namorou tanto a el como a Kristina Berg, a súa muller, e onde construíron o seu fogar definitivo.

A Gala terá lugar este sábado 12 de abril no Auditorio Municipal dende as 18:00 horas e será presentada por Marina Sánchez-Canal Cultura. Nela haberá actuacións da  Banda Xuvenil da Escola da Agrupación Vincios dirixida por María García Bustos, ‘Polo Correo do Vento’ e ‘Orquestra de Camarote’.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.