spot_img
InicioCondado ParadantaPonteareas presenta a edición da festa do Corpus Christi 2024

Ponteareas presenta a edición da festa do Corpus Christi 2024

ponteareas-presenta-a-edicion-da-festa-do-corpus-christi-2024Este ano será o primeiro coa distinción de Ben de Interese Cultural da Xunta de Galicia

Revista Cousas de nº21

O Concello presentou a nova edición da festa do Corpus Christi para este ano 2024, logo da apertura dos portais o pasado sábado. Unha edición que será a primeira coa distinción de Ben de Interese Cultural outorgado pola Xunta de Galicia, e que chega logo dos recoñecemento de Festa de Interese Internacional.

No acto presentouse o programa, no que destacan actividades como o festival Bailotea, o xoves 16 a desde as 19:00 horas no aparcadoiro Sarmiento Rivera; a exposición fotográfica sobre o Corpus Christi, a partir do sádabo 25 ás 20:00 horas no Auditorio Municipal; ou a primeira edición do Mini DHO Vila do Corpus, o primeiro descenso urbano que se celebra en Ponteareas, o venres 17.

TODA A PROGRAMACIÓN NO CÓDIGO QR 

O próximo 25 de maio será o día no que o ponteareán Rogelio Groba ofrecerá o pregón ás 21:00 horas na Casa do Concello e, posteriormente, haberá unha actuación musical a cargo da Orquesta de Cámara de Galicia. Dentro das actividades tamén se atopan a entrega de medallas do Corpus Christi e a ofrenda aos alfombristas, o luns 3 a partir das 19:30 horas.

Ademais, desde o sábado 25 ás 22:30 horas haberá un videomapping, que será proxectado os venres e os sábados de 22:30 a 02:00 horas. Durante a noite do Corpus, o horario estenderase ata as 06:00 horas.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

A programación para celebrar o Corpus Christi está ideada para que todos os veciños e veciñas independentemente dos seus gustos ou idade poidan conmemorar a Festa de Interese Cultural e declarada BIC.

- Publicidade -spot_img