spot_img
InicioCondado ParadantaPonteareas lanza a segunda residencia de Artistea que traballará as disciplinas de...

Ponteareas lanza a segunda residencia de Artistea que traballará as disciplinas de banda deseñada, documental e light art

ponteareas-lanza-a-segunda-residencia-de-artistea-que-traballara-as-disciplinas-de-banda-desenada-documental-e-light-artO Concello de Ponteareas lanza a segunda das residencias de Artistea, a única residencia de artistas 100% municipal, que naceu para promover a creación, o coñecemento da vila e contribuír ao seu patrimonio material e inmaterial. Dende hoxe mércores día 5 de marzo e ata o vindeiro luns día 10 de marzo estará aberto o prazo para presentar solicitudes con proxectos das disciplinas de banda deseñada, documental e light art.

Revista Cousas de Nº24

A segunda das residencias de Artistea terá lugar do 13 ao 20 de abril cadrando coa Semana Santa para facilitar a compatibilidade co traballo e cos estudos das posibles persoas participantes. As persoas interesadas poderán consultar as bases e acceder aos formularios de inscrición na sección “taboleiro de anuncios” da páxina web do Concello.

Explica a alcaldesa, Nava Castro, que a residencia de artistas naceu para homenaxear aos creadores ponteareáns que levaron o nome da vila por todo o mundo da man da arte, “un programa de residencias multidisciplinar e interdisciplinar que procura estimular a creación artística e o pensamento arredor de Ponteareas e o seu patrimonio. Tamén, afondar nas relacións entre creación artística, pensamento, participación social e cultura; procurando a artistas, pensadores/as, e investigadoras/es no eido das artes e as humanidades a oportunidade de desenvolver os seus proxectos en contacto con profesionais doutras disciplinas”.

A temática dos proxectos participantes será libre, pero valorarase positivamente a súa relación coa vila de Ponteareas e a comarca do Condado, a súa cultura, o seu patrimonio e as súas figuras históricas. As obras resultantes da residencia artística serán cedidas temporalmente ao Concello de Ponteareas para a súa exposición.

Artistea é unha iniciativa do goberno de Ponteareas co obxectivo de promover a investigación, creación e produción artística arredor de Ponteareas e o seu patrimonio humano, cultural e natural. Tamén busca contribuír a fortalecer o contexto cultural de Ponteareas e a comarca do Condado, promovendo proxectos creativos de interese social vinculados á comunidade e fomentar valores de protección e difusión do patrimonio natural e cultural da vila a través da arte. Potenciar o apoio á creación artística entre a mocidade e os e as artistas emerxentes, promovendo o establecemento de redes creativas e colaborativas amplas é outra das intencións.

A residencia Artistea é pioneira no territorio galego pola súa titularidade 100% municipal así como polo seu carácter inclusivo e con vontade integradora entre as artes e a comunidade.

As persoas interesadas terán que presentar unha memoria do proxecto a desenvolver na residencia, unha breve mostra do seu traballo artístico e unha carta de motivación; que pode tramitarse a través da instancia única da sede electrónica ou presencial no rexistro do Concello de Ponteareas. Poderán concorrer en solitario ou en grupos de ata 3 persoas por proxecto, terán acceso durante 7 días a aloxamento con pensión completa no edificio da Residencia

Haberá un máximo de 8 persoas seleccionadas, con 2 prazas que se reservarán con preferencia: unha para persoas con diversidade funcional motora, psíquica ou sensorial debidamente acreditada, e outra para persoas residentes na comarca do Condado.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.