Inicio O Condado Ponteareas fai balance dos máis de 180 servizos ofrecidos a 86 familias

Ponteareas fai balance dos máis de 180 servizos ofrecidos a 86 familias

A concellería de Voluntariado, que dirixe Miguel Bouzó, agradece a toda a rede de voluntarias e voluntarios que durante o estado de alarma está amosando a súa solidariedade regalando comprensión, atencións e achegando a quen máis o precisa produtos de primeira necesidade, medicinas, entretemento  ou facilitando xestións con outras entidades.

Máis de 180 servizos a 86 familias e entidades foron testemuña durante este mes do lado máis humano dos e das voluntarias de Ponteareas, que traballaron en coordinación cos servizos sociais municipais e co apoio das e dos voluntarios de Protección Civil Ponteareas sempre que foi necesario.

“O seu traballo e a súa xenerosidade é vital nestes intres nos que non podemos saír á rúa nin contar coa familia, amizades ou veciñanza coa que antes resolviamos os nosos recados. As e os voluntarios de Ponteareas son un orgullo para o noso concello e un exemplo de que todos e todas xuntas sairemos desta situación temporal. Son moitas as familias que nos trasladan os seus agradecementos polo esforzo e a entrega dos e das nosas voluntarias”.

O servizo de axuda a persoas con necesidades básicas durante a crise do COVID-19 axuda aos e ás máis vulnerables na compra de alimentación, adquisición de medicamentos, retirada de lixo da vivenda, recados de primeira necesidade ou atención psicolóxica. “Neste servizo tamén contamos cun equipo de psicólogas, e cando detectamos que unha persoa precisa atención psicolóxica, ademais de atenderlle a súa necesidade, unha profesional contacta con ela para prestarlle axuda e facer un seguimento periódico da súa situación.”

Maiores, persoas con mobilidade reducida ou patoloxías crónicas e persoas con dependentes a cargo contan coa axuda desinteresada destes voluntarios e voluntarias. Organizados dende a oficina municipal de voluntariado traballan a diario e tamén ofrecen acompañamento telefónico para que este tempo de confinamento ninguén se sinta só.

Todas as persoas que precisen axuda para satisfacer estas necesidades básicas poderán dispoñer deste servizo chamando ao teléfono 687 764 516, de luns a venres, en horario de 10 a 14h e de 16 a 19h. As persoas voluntarias cumpren todas as medidas preventivas para evitar o contaxio e ofrecer o servizo con seguridade.

O concelleiro responsable da Oficina Municipal de Voluntariado traslada tamén os seus agradecementos á asociación Ponte Solidario, que colabora con este servizo, e indica que aquelas persoas que queiran unirse e formar parte do voluntariado para colaborar na posta en marcha destas accións, poderán facelo enviando un correo electrónico coa súa disposición ao enderezo voluntariado@ponteareas.gal.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies