spot_img
InicioCondado ParadantaPonteareas comenzará antes de xuño a xerar enerxía eléctrica a partir do...

Ponteareas comenzará antes de xuño a xerar enerxía eléctrica a partir do sol nos seus edificios públicos

Ponteareas comenzará antes de xuño a xerar enerxía eléctrica a partir do sol nos seus edificios públicosO Mercado Municipal será o primeiro dos edificios no que se instalarán os módulos solares fotovoltaicos 

O Concello de Ponteareas aposta por unha vila máis sostible producindo a súa propia enerxía eléctrica de orixe renovable para autoabastecerse. A vila comenzará antes de xuño a xerar enerxía eléctrica a partir do sol nos seus edificios públicos, unha fonte enerxética renovable e gratuita. O Mercado Municipal será o primer edificio no que se instalarán os módulos solares fotovoltaicos.

Ponteareas comenzará antes de xuño a xerar enerxía eléctrica a partir do sol nos seus edificios públicos
Fotomontaxe da Instalación FV Mercado Municipal realizado por Trama Estudio

Esta instalación estará composta por 86 módulos fotovoltaicos de 535 Wp formando un total de 46,01 kWp de potencia, axudando a deixar de emitir máis de 410 toneladas de dióxido de carbono á atmosfera o equivalente a 3.416.666 km percorridos no coche. A instalación será unha realidade pero xa se coñece a través de imaxes como será o seu resultado final.

A enerxía producida abastecerá ó Mercado Municipal, á Biblioteca Pública e ó Conservatorio de Música de Ponteareas xerando un aforro de máis do 50% na factura eléctrica.

O Concello de Ponteareas en colaboración coa empresa local Solarz (www.solarz.es), deseñou e presentou ó Instituto Enerxético de Galicia este proxecto, obtendo parte dos fondos necesarios para levar a cabo a instalación.

Actuamente, a enerxía solar fotovoltaica é a forma máis económica de xerar electricidade polo que cada vez máis concellos apostan por contar con instalación deste tipo nos seus edificios públicos. Un paso importante para conseguir un futuro verde e sostible.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.