spot_img
InicioCondado ParadantaPonteareas acolle esta fin de semana o Campionato Galego Máster de Inverno...

Ponteareas acolle esta fin de semana o Campionato Galego Máster de Inverno de natación

ponteareas-acolle-esta-fin-de-semana-o-campionato-galego-master-de-inverno-de-natacionPonteareas volve ser sede unha vez máis dunha das probas máis importantes do panorama deportivo. A vila acollerá a vindeira fin de semana o Campionato Galego Máster de Inverno de natación

Revista Cousas De Nº20

O Castelo de Sobroso acolleu onte o acto de presentación no que interviron a vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias,  a alcaldesa da vila do Corpus e deputada provincial, Nava Castro, o coordinador do servizo provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Freire, o presidente da Federación Galega de Natación, Juan Carlos Brión, e o presidente e director técnico do CN Ponteareas, Andrés Carrera, a vicepresidenta amosou o orgullo de que “Pontevedra sexa unha vez máis a provincia anfitrioa dunha proba deportiva de primeiro nivel, na que se darán cita os mellores nadadores de Galicia”.

Fernández-Tapias aproveitou a ocasión para poñer en valor o esforzo  da Federación Galega de Natación e do Club de Natación de Ponteareas, que leva xa 25 anos “apostando pola natación desde a base”, na organización desta proba na que se darán cita preto de 400 nadadores de 28 clubs. Tamén remarcou o compromiso da Deputación de Pontevedra co deporte, “eixo prioritario deste mandato”, “unha disciplina que contribúe como ningunha outra a estender hábitos saudables na sociedade, a enchela de valores positivos e é xa unha ferramenta de promoción turística fundamental para a nosa provincia”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.