spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona clausura con gran éxito o programa “Con Voz Propia”

Baiona clausura con gran éxito o programa “Con Voz Propia”

baiona-clausura-con-gran-exito-o-programa-con-voz-propiaO Multiusos de Sabarís acolleu o acto de clausura do programa “Con Voz Propia”, unha actividade posta en marcha pola Concellería de Igualdade do Concello de Baiona, a través do Centro Municipal de Información á Muller.

Revista Cousas De Nº20

Unha intervención psicopedagóxica no que a práctica vocal (coral e solista) utilízase para incrementar o empoderamento das mulleres na que participaron veciñas do municipio.

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e a directora do CIM de Baiona, Elena Otero, acudiron o acto de clausura no que coñeceron de primeira man o traballo realizado polas participantes nesta actividade de 25 horas de duración. As participantes mostráronse moi satisfeitas con todo o aprendido nas sesións.

“Con Voz Propia” desenvolveuse no Multiusos de Sabarís ao longo do mes de novembro, decembro e xaneiro os mércores en horario de mañá. Na metodoloxía estivo previsto o ensino das habilidades de base do canto, utilizando o método de Maga de Voz . Ao mesmo tempo utilizáronse moitos recursos da musicoterapia, a danzaterapia e a dramaterapia para fomentar a libre expresión o arraigamento e empoderamento do corpo e a voz das participantes. Ademais traballouse coas letras das para reenfocar a visión do percorrido vital.

Dacabalo entre a canto-terapia e a aula de música común, o programa combinou as estratexias propias do ensino convencional do canto co enfoque musicoterapéutico, facendo da expresión musical un vehículo para a expresión emocional,.

Dacabalo entre a canto-terapia e a aula de música común, o programa combinou as estratexias propias do ensino convencional do canto co enfoque musicoterapéutico, facendo da expresión musical un vehículo para a expresión emocional,.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.